"O incumprimento por parte dos concellos, maioritariamente con gobernos do PP, da Lei da Memoria Histórica" empuxou a un grupo de cidadáns anónimos sen vinculación con partidos políticos a tomarse a xustiza pola súa man. Segundo argumentan nun texto remitido a este xornal, "ningunha persoa que non respecte os dereitos humanos, democráticos e políticos merece ser honrada publicamente". A localidade de Caión, no municipio coruñés da Laracha, serviu de escenario para a súa primeira acción: a retirada da placa dedicada ao almirante Carrero Branco, sucesor in pectore do ditador Francisco Franco, morto nun atentado en 1973.
"Nada disto sucede en Alemaña, onde ningunha rúa ostenta o nome de Hitler nin de ningún dos seus ministros", expón, "nin en Italia, nin en Portugal". Os activistas indican, ademais, que non destruirán ningún dos indicadores rueiros e así o testemuñan coas fotografías que achegan. "Serán doadas, cando cumpra, a un Museo de Historia, da Memoria ou do Franquismo, porque a historia non pode ser borrada e nós non queremos borrala", engaden, "por iso deben estar nun museo e non en espazos públicos". Coa súa iniciativa pretenden "deixar en evidencia a toda a clase política, en especial aos residuos franquistas do PP", aínda que tamén critican "a pasividade" de socialistas e nacionalistas ante a violación da normativa en vilas e cidades.
Fai case dous anos que o Congreso dos Deputados aprobou a Lei da Memoria Histórica. No seu artigo 15, o que menciona especifícamente a aplicación en símbolos e monumentos públicos, non queda ningún espazo para malintepretaciones: "As Administracións públicas, no exercicio dos seus comptencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura". A eliminación de subvencións e axudas públicas atópanse entra esas medidas.
Pero as persoas que descolgaron as placas da rúa Carrero Branco en Caión non están soas. Aínda o venres, 34 anos logo da morte de Franco, a organización independentista Nós-Unidade Popular pintaba de rosa a Cruz dos Caídos de Amboage, en Ferrol. A pagina web do partido alberga un documento titulado Censo incompleto dá simbologia fascista na Galiza que funciona como catálogo de incumprimentos da Lei da Memoria Histórica. Ribeira, A Coruña, Ordes, Mugardos, Beariz, Sada, Curtis ou Miño conservan rúas dedicadas ao ditador.
1 comentário:
Os do P€P€ tenen discupa,xa que son os erdeiros do seu pasado fascista,e son os novos fascistas.
Pero o do PSOE non ten disculpa,da as costas a Lei da Memoria Histórica,e todo é debido a o MEDO que teñen en desgastarse políticamente cambiando un nome a unha rua ou quitando unha placa.
Andan a pensar nos votos,cando o que ten que quedar claro que teñen que posicionarse democráticamente e facer cumprir a lei.
Apertas meu.
Enviar um comentário