11/02/2009

O Galicia de Mugardos mostrouse superior ao Santaballés

C.D. Santaballés

O Galicia de Mugardos sumou tres novos puntos na súa confrontación ante o Santaballés, ao que superou por 2-0.

Antes do primeiro cuarto de hora da contenda Dani Eume tivo que abandonar o terreo de xogo por un problema nun xeonllo, entrando na súa substitución José. Este futbolista adiantou ao cadro mugardés no primeiro balón que tocou aos 17 minutos.

A partir dese momento, os pupilos de Cata puideron sentenciar a contenda antes de chegar ao descanso, pero non estiveron acertados, polo que se retiraron aos vestiarios co tenteador de 1-0.

A segunda parte seguiu co dominio da escuadra local. No minuto 57, o Galicia de Mugardos incrementou a súa renda cun remate de Manel, logo dun saque de falta de Mario David.

Posteriormente, a escuadra mugardesa limitouse a controlar a situación, aínda que tivo algunhas oportunidades para incrementar a súa vantaxe. Pola súa banda, o Santaballés seguiu coa súa indolencia, co que ao final do encontro os puntos quedaron na Pedreira.

Diario de Ferrol

Sem comentários: