O Comité Cidadán de Emerxencia, ao coñocer que o goberno está elaborando unha nova planificación enerxética, enviou un escrito ao Presidente do Goberno cun preámbulo pormenorizado dos antecedentes da planta de gas de Mugardos, concluindo que:
Reganosa é unha instalación totalmente prescindible debido á súa baixa eficiencia. A revogación da autorización non xeraría problemas operativos ao sistema gasista. O gasoduto Tuy-llanera actualmente sen actividade pode suplir a achega de Reganosa, tanto para o abastecemento do consumo convencional como ás Centrais de Ciclo Combinado. Non existe ningún motivo que poida xustificar manter operativa unha palnta de gas coa inseguridade que supón Reganosa e o seu alto custo ambiental e económico.
Reganosa é unha instalación Ilegal, Perigosa e Inutil que obedece a un proceso continuado de corrupción política e económica.
Tendo en conta todas as irregularidades expostas e a existencia doutras alternativas.
SOLICITAMOS:
Revóguese a autorización de funcionamento á planta de gas de Reganosa e así sexa considerada na nova planificación enerxética, de acordo ao anterior e segundo a condición OITAVA da Resolución da Direción de Política Enerxética e Minas pola que se outorga a Reganosa autorización administrativa previa para a instalación da planta de gas de data 24 de xullo 2002 e outras disposicións.
Sem comentários:
Enviar um comentário