Representantes da Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meá e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol entrevistáronse onte co director xeral e o subdirector de Emerxencias da Xunta de Galicia ao obxecto de aclarar as circunstancias do incendio producido en Forestal do Atlántico na noite do 19 de abril. Interesáronse, así mesmo, polas medidas adoptadas polos organismos responsables, en vista da preocupación mostrada pola cidadanía e polo que cualifican de "manto de silencio tendido sobre ou acontecido".
Os representantes de ambas as entidades incidiron especialmente no feito de que mentres se rexistraba o incendio estaba tendo lugar a descarga de máis de 50.000 toneladas de gas natutal licuado por parte do buque gaseiro "Madrid Spirit".
Tras o encontro, aseguran que a súa preocupación aumentou, “pois o director xeral, máis aló de xeneralidades, da afirmación da escasa entidade do incidente, non foi capaz de aclararnos o lugar exacto dentro da empresa onde se producíu o incendio”. Engaden que, por parte do subdirector manifestóuselles que eles non tiñan responsabilidade, nin era tema da súa competencia o risco engadido que representaba o gaseiro que estaba descargando na planta de Reganosa, e, ao parecer, tampouco se aclarou o significado das sirenas que en diferentes horas oíron os veciños.
Para rematar, desde o Comité Cidadán indícase que os responsables de Emerxencias da Xunta comprometéronse a entregar toda a documentación relativa ao procedemento de avaliación do incidente, recollido no Protocolo do Plan de Emerxencia Exterior de Forestal, así como a implementar simulacros de urxencia entre a poboación, aos que están obrigados e, ao parecer, non se fixeron.
Diario de Ferrol
ferrolsuso.blogspot.com

Sem comentários:
Enviar um comentário