6/29/2010

Gasoduto Costa da Morte

Un gasoduto enlazará Arteixo con Fisterra e pasará por 10 municipios

A empresa Endesa Gas Transportista solicitou á Xunta a autorización para construír un gasoduto que enlazará Arteixo con San Martiño de Duio, en Fisterra. A Dirección Xeral de Industria iniciou os trámites para a concesión da licenza, nunhas condicións que foron publicadas no Diario Oficial de Galicia de onte. O gasoduto denomínase Costa da Morte, e está cualificado como secundario e de categoría A.
O trazado partirá de Reganosa, en Arteixo, e discorrerá polos municipios da Laracha, Carballo , Coristanco, Cabana, Zas, Vimianzo, Muxía, Dumbría, Cee e Fisterra, ata o lugar de San Martiño de Abaixo, ao final da recta de Escaselas, máis coñecida como Anchoa.

A Voz de Reganosa

Sem comentários: