Os Concellos de Ares e Mugardos (A Coruña) xunto coa Asociación Bimares e o Club Ciclista Ferrol querémoste convidar a participar na nova edición do EDR 2010 (Entre dúas Rías).
Este ano o noso obxetivo é poder ofrecer 3 actividades diferentes relacionadas co mundo do BTT que terán lugar durante os vindeiros 12 e 13 de Xuño.
O sábado 12, a partir das 09′00 e tendo como punto de encontro o histórico Mosteiro de Santa Catalina- Montefaro en Ares poderás participar no que decidimos chamar “Baixamos Montefaro”. Unha proba que, sen lugar a dúbidas, sorprenderá os amantes das baixadas rápidas.Contaremos cun vehículo para os remontes.O uso de casco integral é obrigatorio. O noso obxetivo é claro: poñer a dispor dos mais atrevidos unha rota que será moi divertida nun enclave tan extraordinario como é Montefaro.
Os acompañantes, que o desexen, poderán disfrutar dunha rota sendeirista guiada.
O mesmo día, a partir das 16′00 dende o Pavillon Polideportivo de Mugardos emprenderemos a “I EDR Feminina”, unha magnífica rota de btt pensada para todas aquelas rapazas e mulleres iniciadas neste deporte. A rota percorrerá os concellos de Ares e Mugardos, sumando un total de 30 qms. de dificultade moderada. Teremos a oportunidade de rodar por pistas con impresionantes vistas, sendeiros rodeados de natureza e cruzaremos aldeas e pobos con gran encanto. Esta é a primeira rota feminina federada que se celebrará nestes lares e é a nosa ilusión que sexa a primeira de moitas edicións mais. Aínda que o seu trazado está pensado para o cicloturismo feminino, por suposto que está aberta a participación masculina.
O domingo 13, as 09′00 e dende o Pavillón Polideportivo de Ares, daremos pistoletazo de saída a unha nova edición da xa consolidada “EDR”. A rota de dificultade medio-alta non defraudará a ninguén: 51 quilómetros de puro btt (camiños, sendas, pistas, trialeiras, repeitos, tramo libre,etc). O mais característico do btt concentrado nunha marcha e disfrutando de extraordinarios paraxes e a mellor compañía!.

Sem comentários:
Enviar um comentário