Boa música, ricas viandas e moita festa encheron a tarde-noite de onte a Praza Vella, na zona do porto de Ferrol. Co gallo da celebración do Día Mundial do medio Ambiente que se conmemora nesta xornada, o Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol organizou un festival musical solidario en apoio aos 60 mariscadores imputados por evitar a entrada do primeiro gaseiro a Reganosa no 2007. Algúns dos mellores grupos galegos de rock arrufaron o concerto, como Zénzar, Os tres trebóns, A quadrilla de Campo do Chao, O sonoro maxín, cantareiras de Trasancos, La sentina, Pulpiño Viascón ou Katama. Tanto a organización como os componentes das bandas participantes destacaron a necesidade do apoio social aos pescadores afectados por esta decisión xudicial.
"Tod@s paramos o Galicia Spirit”. Baixo este lema a cidadanía de Ferrolterra concentrouse nun acto festivo con carácter reivindicativo a prol dos 60 mariscadores imputados por impedir a entrada a Reganosa deste buque. O CCE vén de presentar, o pasado martes, un documento de autoinculpación dirixido á fiscalía xa que como explicou un dos seus membros, Manuel Rodríguez Carballeira, “Nós fumos os que convocaron á sociedade para impedir a entrada do gaseiro”. Asemade agradeceu a participación desinteresada das bandas participantes e destacou que arredor de 40 grupos quixeron sumarse ao evento. Algo inviable ao tratarse dun festival dun só día.
“Non nos teñen que agradecer nada, somos nós os que temos que estar agradecidos por estar aquí”, declarou a Radio Fene a voz da banda Zénzar, Bocixa. O rockeiro destacou que é de xustiza defender as causas xustas e criticou aos que arremeten cos que dan a cara para acadar así o escarnio publico.
O grupo de Cerceda síntese involucrado nesta loita xa que arrastran problemas semellantes na súa zona, o problema das Encobras ou a mina desta localidade coruñesa. Asemade, Bocixa autoinculpouse xa que él tamén estivo en contra da entrada do Galicia Spirit. “É importante o movemento social a prol destas aberracións e as protestas débense facer con festa”,engadiu.

Sem comentários:
Enviar um comentário