12/05/2010

A definición da SD Grixoa deulle o triunfo en Mugardos

Galicia de Mugardos 0-3 Grixoa

O Grixoa continuará loitando nos postos altos da clasificación. Os de Baleato impuxéronse de forma contundente (0-3) na súa visita ao Galicia de Mugardos. O choque estivo marcado por unha tarde moi fría e un terreo de xogo bastante castigado pola dura meteorología dos últimos días.

O resultado quizais sexa algo avultado para os méritos duns e doutros. Os mugardeses non se mereceron un resultado tan severo. Primeiro porque fixeron méritos máis que suficientes como para un mellor resultado e, segundo porque o rival non foi tan superior como indica o marcador.

Os pupilos de Germán Amil dominaron ao seu antollo ao Grixoa durante os primeiros corenta e cinco minutos de partido, aínda que lle faltou claramente acerto rematador. Toledo foi o máis destacado do seu equipo e, salvou os mobles aos seus en máis dunha ocasión, sobre todo en accións de Maikel e Juan Jesús, que rozaron o gol e só a feliz intervención do porteiro impediuno.

Na continuación o Galicia seguiu tendo o balón, aínda que un erro defensivo dos locais aproveitouno francamente ben o Grixoa. Sergio Leis atopouse cun rexeite que non desaproveitou para bater a Agustn e adiantar aos seus no marcador.

Ese tanto foi como un xerro de auga fría para os locais e, tan só uns minutos máis tarde, outro erro da defensa local concedía o segundo da tarde. Esta vez David rematou de cabeza ao fondo da rede.

O Galicia de Mugardos a pesar dos dous tantos encaixados non arroxou a toalla e tivo sempre a posesión, aínda que o rival estivo certeiro nas súas opcións á contra e creou sempre moito perigo, mentres que os propietarios da Pedreira tiñan serias dificultades para crear ocasións de gol e sempre se toparon cunha defensa ordenada. De todos os xeitos, o terceiro foi a sentenza definitiva.

Galicia Mugardos: Agustín; Rubén, Jorge, Manuel, Adrián Martínez (Rouco, min. 75), Juani, Rubén Seco (Rebolo, min. 69), Juan Jesús, Maikel (Seco, min. 80), Oscar Pérez (Puchi, min. 80) y Vituco.

SD Grixoa: Toledo; Chenel, Lobo (Cachi, min. 84), Capis (Franqueira, min. 86), Sebas, Gonzalo, Sergio Leis (Raviña, min. 77), Manuel, David (Peque, min. 87), Adrián Nieto y Esteban.

Árbitro: Portela Soutullo (Pontevedra). Mostró tarjeta amarilla a los locales Rubén Seco y Óscar Pérez. Por los visitantes la vieron Lobo, Sergio Leis y David.

Goles: 0-1, min. 49: Sergio Leis. 0-2, min. 62: David. 0-3, min. 70: Gonzalo.

Campo: A Pedreira. 250 espectadores.

elcorreogallego.es

Sem comentários: