12/04/2010

Outra vez Reganosa poñendo en perigo a nosa seguridade


E xa van 79, os buques cargados con miles de toneladas de Gas Natural Licuado -LNG/GNL- que entran na nosa Ría.

Onte, coincidindo coa preamar diúrna, sobre as dúas da tarde, entraba na Ría de Ferrol o "LNG Rivers", con unhas 60.000 toneladas de GNL para a ilegal e perigosa Reganosa. Neste caso foi unha arribada, pois o destino do buque non era a regasificadora de Mugardos, senón a de Bilbao, máis Reganosa solicitou a transferencia do buque para a súa planta por problemas de seguridade do sistema. Un buque que tiña programada a súa chegada a Mugardos o 1 de Decembro , por problemas "imprecisos", non o podía facer até o vindeiro 7 de Decembro. Reganosa alertou ao Xestor Técnico do Sistema, de que as malas condición meteorolóxicas previstas poderían atrasar o buque aínda máis. Na súa solicitude de subministro ao Xestor falaba de que "podería atrasar a súa descarga considerando as condicións meteorolóxicas anunciadas para ese día. Tendo en conta os horarios de mareas para os días seguintes e as limitacións portuarias, podería suceder que non fose posible a descarga de devandito buque até o próximo 11 de decembro" . A propia Reganosa recoñece as dificultades climáticas, limitacións portuarias, ... e condicionantes naturais que impiden un normal tránsito de buques no Golfo Ártabro para entrar na Ría, pola localización da planta regasificadora en Punta Promontorio, no concello de Mugardos.

A Xestora Técnica do Sistema, advirte da necesidade de conceder esta solicitude da Dirección da planta de gas de Mugardos, alegando que de non face-lo así, a situación dos niveis de gas na planta e o atraso na chegada do buque contratado, "conduciría a unha parada inevitábel da emisión da planta de REGANOSA por esgotamento das existencias de GNL en tanques" [Ler máis]

Colectivo Ártabra 21

Sem comentários: