12/18/2010

Os comerciantes tratan de mellorar as súas contas con "Sempre en Mugardos"

"Mugardés/a , merca en Mugardos"
A Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Mugardos, colectivo que se identifica co nome de Portomagno, aproveita o tirón do Nadal para convocar un ano máis o programa "Sempre en Mugardos". O obxectivo é simple: tratar de atraer ao maior número de compradores utilizando para iso a vella fórmula dos incentivos económicos. Nesta ocasión, a bolsa ascende a 1.000 euros e o contido da mesma distribuirase de modo que se sortearán catro premios de 250 euros cada un. Os gañadores coñeceranse no transcurso do acto previsto inicialmente para o día 11 do próximo mes.

Mentres tanto, comercios e hostaleiros encargaranse de repartir un total de 30.000 papeletas entre aquelas persoas que fagan as compras de Nadal ou aproveiten as festas para consumir nos bares e establecementos de hostalería da vila de Mugardos.

Pero esta iniciativa non será a única que os comerciantes programan de face aos próximos días a fin de mellorar as contas dos seus negocios aproveitando o consumo do Nadal. Así, para o día 19 convócase un festival infantil e unha exposición na que se mostrará os traballos realizados polos escolares do municipio con material reciclaxe cedida polos propios comerciantes.
Esta actividade desenvolverase a partir das cinco da tarde e na mesma a día de hoxe xa están implicados escolares de Unión Mugardesa, colexio Loyola, Santiago Apóstolo, IES Mugardos e escola infantil As Lagoas, segundo informan os convocantes.
Por outra banda, a xornada do día 24, a partir das 11.00 horas, terá de especial que Papá Noel se deixará ver polas principais avenidas e prazas da vila mugardesa. Precisamente, de face a tan sinalada data, aínda que instalados desde fai algúns días, os comercios, tendas e bares da localidade adornaron a entrada dos seus establecementos con abetos plantados en macetas e adornados con motivos do Nadal.
As árbores estarán ao pé dos escaparates polo menos ata o día da festividade de San Julián, patrón do termo municipal de Mugardos.

Sem comentários: