Foi unha pena para Galicia que Gas Natural cruzásese nos proxectos que ENAGAS ía desenvolver nesta querida terra. Foi abortada a planta de GNL inicialmente proxectada na entrada da ría de Ferrol, xunto a Caneliñas e o porto exterior, ata cos terreos xa expropiados. Tanto a insuficiente capacidade loxística canto a perda da neutralidade na loxística primaria do gas natural, gasoduto de transporte e redes de distribución, influíron negativamente no desenvolvemento industrial da Comunidade e na capacidade de innovación e competitividade futuras.
Un problema estratéxico porque un grupo privado asociado ao gran capital catalán como é Gas Natural estaba moi pouco interesado en favorecer os proxectos enerxéticos de transformación a ciclo combinado da súa entón competencia, FENOSA e ENDESA no para eles afastado Oeste. Logo REGANOSA intentou recuperar o tempo perdido coa instalación da súa propia planta de GNL pero nunha localización inadecuada, refugada no seu momento por ENAGAS por razóns de seguridade, non exenta de riscos para a poboación civil e os buques da OTAN.
Pero o máis curioso é que Gas Natural fora unha empresa rexional catalá ata que se fixo con ENAGAS, a antiga empresa nacional e logo pública base do sector do gas natural en España que posuía entón unha crecente rede de gasodutos, tres plantas de GNL, unha gran carteira de clientes industriais, almacenamentos subterráneos, contratos de subministracións de gas natural e un gran edificio para a súa sede social en Madrid
Un raro caso no que o peixe mozo come ao grande. Pero que ten a súa explicación como case todo na vida.
Cando Felipe gañou as eleccións do 93 sen maioría absoluta tivo que cambiar cromos por estampitas con Jordi Pujol. Obtívose o apoio dos conseguidores de Converxencia e Unión para a investidura do socialista como presidente de goberno e a cesión do noventa e un por cento das accións de ENAGAS a Gas Natural pola simbólica cifra de cincuenta mil millóns de pesetas, uns trescentos millóns de euros, é dicir, menos dunha terceira parte do seu valor estimado. Ata algúns investidores e traballadores indignados e inquedos polo seu futuro, intentaron subrogarse na operación sen éxito.
A gran aventura de Gas Natural iniciada entón sobre a base extraordinaria desta vantaxosa adquisición supuxo o dominio do monopolio, xa privatizado, do gran negocio do gas natural en España, ou doutras actividades vinculadas, sen apenas obstáculos salvo o pasaxeiro contratempo de ENDESA, no que intentou repetir a xogada, tropezando cun valente e competente Manuel Pizarro que lles fixo fronte en defensa dos seus accionistas. Logo, obrigada por lei, houbo de desinvertir en ENAGAS, con grandes plusvalías.
Aquí en Galicia, tras as vicisitudes de REGANOSA, logrou o seu último trofeo coa adquisición de FENOSA.
Así, pois, o nomeamento de Felipe González como conselleiro da empresa catalá non ten nada de estraño. O socialista prefire os monopolios privados cunha retribución estimada dobre da dun malvado controlador ás ONG ou sociedades filantrópicas. Ao cabo, o de rebaixar os soldos e pensións é para os demais.
E Gas Natural recoñécelle os servizos prestados.
Pero non se preocupen os españois se os prezos da enerxía soben. O compañeiro Felipe vainos a defender como flamante conselleiro do gran capital catalán.
La Garita de Herbeira

Sem comentários:
Enviar um comentário