10/24/2009

Barcia acusa a De Deus de mentir sobre a obra do Club do Mar

Club do Mar de Mugardos (Artritris)

O rexedor municipal de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, responde ás acusacións do PP sobre a obra do Club do Mar con palabras moi duras contra o portavoz dos conservadores, Juan Domingo de Deus, ao que acusa abiertamene de mentir.

Segundo o alcalde, a denuncia exposta polo PP, no sentido de que o goberno municipal buscou o amparo no informe de Costas para argumentar a demora do inicio das obras, é falsa. Así, Barcia acusa ao portavoz de “nin sequera molestarse en mirar a tramitación do expediente para redactar a nota de prensa” para rebater un a un os comentarios dos "populares" referidos ao asunto, tal e como pode ser o caso do relativo ao "abandono do goberno local na xestión e rehabilitación do Club do Mar". "Personaxe arrogante", con "fame de poder" e de "egoísmo político" son algúns dos comentarios que sobre o portavoz do PP verte o alcalde de Mugardos nun comunicado de prensa no que tamén se alude á dedicación remunerada que percibe o concelleiro "popular" para considerar que “é un fraude para os veciños”.

Por outra banda, o rexedor municipal recorda ao representante do PP que as obras que se financian con cargo ao Plan E poden acollerse a unha prórroga no caso de que sufran atraso como consecuencia das tramitacións requiridas por outras administracións.

No entanto, no día de onte o PP volvía incidir nas acusacións vertidas contra o rexedor municipal de Mugardos, ao interesarse polo informe da Demarcación de Costas a través de representantes da Xunta. Sobre esta cuestión, o representante popular confía en que, agora, co respaldo da Xunta, o informe chegue canto antes e iníciese a rehabilitación do edificio. Do que se trata, segundo apunta De Deus, é de “dotar a los vecinos de servicios y de satisfacer sus necesidades, no de ponerle trabas a proyectos que se sabe que son de gran utilidad para ellos”.

Diario de Ferrol

Sem comentários: