10/26/2009

O CCE ante o II Seminario Seveso, en Santiago


Os próximos días 26 a 28 de outubro, na sede de FEUGA (Fundación Empresa -Universidade Galega), en Santiago de Compostela, celebrarase o II SEMINARIO SEVESO, no que participarán entre outros, profesionais da seguridade industrial e técnicos estatais, municipais e autonómicos, para tratar problemas detectados na implantación da normativa, as solucións adoptadas e as perspectivas de futuro que se prevén.
Na organización destas xornadas colabora, entre outras empresas e institucións, FORESTAL DO ATLÁNTICO e REGANOSA, establecidas no Concello de Mugardos. Empresas ámbas que incumpren flagrantemente a Lei Seveso, e cuxa perigosa localización vén denunciando desde hai unha década este Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Por este motivo, o luns 26, unha delegación deste Comité Cidadán de Emerxencia estará presente ao comezo do Seminario, para facer entrega, a todos os participantes, do comunicado que segue: [Ler comunicado]

Sem comentários: