10/02/2009

Mugardeses Ilustres: Simón García

Simón García ilustre mugardés
Simón García: Contrabajista, compositor e arreglista galego (Mugardos, 1977). Licenciado en Contrabaixo polo Conservatorio Superior de Música de Salamanca (centro de Excelencia Musical). Foi alumno da "Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia" durante tres cursos onde se perfeccionou como instrumentista, ademais de formación orquestral, camerística e teórica ( Angél Oliver e José Luís Turina ). Realizou cursos de perfeccionamento instrumental cos contrabajistas Afonso Morán, Daniel Machado, Carlos Méndez... e participou en distintas edicións do Festival de Contrabaixo Ludwig Streicher tanto como alumno (I, II, IV e VII edición) como músico, participando no recital de profesores na I edición e co cuarteto Gravissimo na VII edición, ademais de Masterclass cos contrabajistas de Jazz N.H.Ou.P., Denis Irwin e Miguel Angel Chastang.
A formación en música moderna foi, principalmente, autodidacta aínda que realizou algún curso de improvisación e harmonía de jazz con Pedro Iturralde, J. L. Evanxelista e Pedro Cañada. Formou parte de diversas agrupacións, tanto dentro como fose da música clásica, como o trío de novas músicas Charabisca (co que recibe varios premios e realiza unha xira nacional mediante os circuítos musicais do INJUVE), Jazz Toy Cuarteto, o Jose Luís Evanxelista Quinteto ou o cuarteto liderado polo pianista, residente en Brooklyn, Vicente López, entre outros...
O próximo miercoles 7 de outubro de 2009 o máis que internacional cuarteto de contrabaixos THE BASS GANG interpretará na sala de cámara "blue rose" do SUNTORY HALL de Tokio un recital no que incluirán, entre outras pezas do repertorio os cuartetos orixinais de Simón García "Bad brothers", "Grata galerudo", "AC-133" e "Swing K-1000"

La pandilla Bassurilla

Simón García en MySpace

Sem comentários: