10/26/2009

O Val levou pola mínima o derbi local

O Val 1-0 Galicia de Mugardos

A formación do O Val foi a encargada de anotarse o primeiro derbi comarcal da campaña en Preferente Autonómica, partido no que calquera das formacións puido haberse levado o triunfo. Os afeccionados de ambas escuadras encheron as instalacións de Sinde para gozar dunha igualada primeira parte na que non houbo demasiadas ocasións, a pesar de que na recta final os locais anotaron o único tanto da contenda. Emmanuel foi o encargado de bater a Javi, rematando un balón deixado por Cholo. Por parte visitante, Miguel Anxo protagonizou a ocasión máis clara nestes primeiros 45 minutos. Deste xeito, as escuadras de Ferrolterra retiráronse aos vestiarios coa mínima vantaxe do O Val, o que facía presaxiar un intenso segundo tempo.
Nesta recta final, os mugardeses optaron por xogar o balón en longo, cun certo descontrol inicial, pero que posteriormente lles reportaría multiples ocasións para marcar. Pola súa banda, os valexos decantáronse polas bandas, unha elección que lles propiciou moitos contraataques. O Galicia de Mugardos intentou lograr a igualada con todos os seus recursos, e ata o meta Javi acudiu a rematar sáquelos de esquina do seu equipo. Este traballo puido ter a súa recompensa no minuto 85 cun lanzamento de Manuel que finalmente non entraría. Así, os valexos fixéronse cos tres puntos.


Diario de Ferrol

Sem comentários: