10/19/2009

A crise eólica liquida o emprego na industria auxiliar


A parálise do sector eólico xa ten as súas vítimas, que se contan por centenares na industria auxiliar, un subsector que chegou a empregar a 5.500 traballadores e que agora asiches a un goteo de expedientes de regulación de emprego, peches e concursos de acredores. A adxudicación dos 2.335 megavatios do bipartito, a súa posterior suspensión e o proceso de judicialización actual é, en moitos casos, a pedra angular da crise subxacente para os fabricantes de compoñentes, torres, pas e fustes. No mellor dos casos, as grandes compañías do sector implantadas en Galicia, como son os casos de Gamesa, Vestas e Emesa, optan pola exportación como válvula de escape.
Metalúrgica do Atlántico, implantada en Mugardos e provedor habitual de fustes, torres e ancoraxes, é un dos mellores exemplos. Logo de levar a cabo un investimento duns 13 millóns de euros entre 2007 e 2008, viuse na encrucillada de presentar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) para 54 dos seus 60 traballadores. A compañía, pertencente ao grupo Cachaza, leva traballando seis anos para o sector. "A situación é caótica, sen carga de traballo e apenas perspectivas", sinalan fontes da empresa. O expediente de despedimento masivo, explican, "está fundamentado precisamente na parálise o concurso eólico, a orixe da nosa situación actual". [Ler máis]

Sem comentários: