7/24/2010

15 kilómetros de dignidade na marcha a pé ata Mugardos


Coincidindo co 3º aniversario do peche da veciñanza de Meá no concello de Mugardos, este venres 23 de xullo, como xa vén sendo habitual cada verán, celebrouse a 4ª Marcha a pé Ferrol – Mugardos, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e que partiu ás 5 da tarde de Caranza, precisamente do Parque Carmelo Teixeiro – que leva o nome do primeiro Coordinador deste Comité – e na que participaron máis dun centenar de persoas, que ao seu paso polos concellos de Ferrol, Fene e Mugardos fixeron presente, unha vez máis, o rexeitamento á localización dunha Planta de Gas no interior da nosa Ría, que ademais de innecesaria é un grave perigo para a vida de cantos poboamos esta comarca.
Chegaba a Marcha até as inmediacións de Reganosa. Os enormes tanques cegaban a paisaxe e nos lembraban o corrupto despropósito gasístico. Os berros de Planta de Gas Fora da Ría !! e A Ría é nosa non de Reganosa !!, saían do "corazón" das persoas que marchaban até a vila de Mugardos.

A marcha foi recibida tres horas máis tarde na Praza do Mercado de Mugardos, polos veciños daquel concello, onde tras as intervencións de Luz Marina Torrente, Presidenta dá A. VV.”O Cruceiro” de Meá e de Manuel Rodriguez Carballeira, Coordinador do Comité, a música e a merenda animaron aos participantes nun espazo de grata convivencia.



Comité Cidadán de Emerxencia

Colectivo Ártabra 21

Galería Fotografíca de Suso Pazos (ferrolsuso.blogspot.com)

Sem comentários: