7/24/2010

Perigo! Volve o LNG "Cheikh El Mokrani"


O LNG "Cheikh El Mokrani" , un gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL, ten prevista a entrada na Ría de Ferrol, para a ilegal e perigosa Reganosa, é por isto polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha CONCENTRACIÓN de protesta este domingo 25 de Xullo de 2010, ás 8 da tarde, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, en Ferrol, para amosar a súa desconformidade coa entrada na Ría de buques cun cargamento tan perigoso como é o GNL, e para denunciar a corrupción e o despropósito gasístico que representa Reganosa, esixindo o seu desmantelamento xa!
Unha vez máis Reganosa, coa complicidade das autoridades locais, autonómicas e centrais, veñen a aumentar o perigo potencial que xa de por si ten a presencia da planta regasificadora, instalada irresponsabelmente no corazón da nosa Ría.

O movimento social que se opon a Reganosa, coa forza moral que lle dan os seus argumentos, vai seguer loitanto contra o despropósito gasístico, porque é perigoso, irracional e corrupto.
Este sería o 70 buque gaseiro que atraca no peirao de Reganosa en Punta Promontorio, Meá, Mugardos.

Antes de que suceda unha catástrofre

Comité Cidadán de Emerxencia

Sem comentários: