Ecoloxistas en Acción tamén dá este distintivo ao porto vigués por carecer de plan directorA
ría e o porto de Vigo e a ría de Ferrol son tres dos 40 puntos da costa española que recibiron onte a bandeira negra, outorgada por Ecoloxistas en Acción, no informe
"Banderas negras 2010. Caos en la costa", que elabora
desde 1999 e que designa os lugares máis degradados do litoral polo urbanismo depredador, as verteduras orgánicas e industriais e pola rexeneración de praias.
No informe destácase a ría de Vigo polo seu alto nivel de contaminación, debido fundamentalmente ao «desastroso estado da rede de saneamento, que fai sobordar todos os aliviadoiros do litoral», e ao penoso estado das depuradoras actuais, «que, máis que mellorar, degradan a calidade das augas con niveis de contaminantes moi superiores aos permitidos pola lei». Isto pon en serio perigo ao sector marisqueiro, engádese.
A ría de Ferrol recibiu a súa bandeira negra dentro do apartado de contaminación industrial na costa. Mantena desde o 2008, debido á construción da planta de gas de Reganosa,
«situada ilegalmente e con trampas administrativas dentro da ría, pondo en perigo a vida de moitos miles de persoas e acabando coa pouca vida da ría».O porto de Vigo tamén recibiu este distintivo negativo porque, a día de hoxe, aínda non conta cun plan director que rexa os seus usos, ao que obriga a Lei de Portos do Estado desde 1993. O informe resalta que a xestión do chan portuario fai que a cidade estea pechada ao mar, pola construción do voluminoso centro comercial A Laxe e a construción dun edificio da Xunta. Tamén se sinala que a ampliación portuaria non ten xustificación.
En canto á rexeneración de praias, indícase que en Galicia, durante os últimos anos, está a trasladarse o proceso de mediterraneización. Os casos máis flagrantes son o novo paseo marítimo do Pindo, en Carnota, e a praia artificial de Caranza, na ría de Ferrol.
Hai un capítulo destinado ao intento de modificación da Lei de Costas que levou a cabo o Parlamento galego, para permitir a desprotección do litoral e a súa privatización.
Ecologistas en acciónLa Voz de Reganosa
Sem comentários:
Enviar um comentário