7/22/2010

Mañá venres 23 de Xullo, marcho a Mugardos


Mañá, Venres, 23 de Xullo de 2010, ás 5 da tarde, desde o Parque de Caranza Carmelo Teixeiro, partirá a 4ª Marcha a Pé, entre Ferrol e Mugardos, para lembrar os 111 días de ocupación da Casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá. Este 23 de Xullo marcharemos a pé até Mugardos polo cese da actividade e desmantelamento de Reganosa, no Terceiro Aniversario do Peche da veciñanza de Meá na Casa do Concello, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a a Ría de Ferrol.

Tres horas máis tarde recebira-nos as veciñas e veciños de Meá na Praza do Mercado de Mugardos, onde disporán de bebidas, liscos, chourizos e música, nun acto de benvida.

¡DIFUNDE E PARTICIPA!

POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!

Antes de que suceda unha catástrofre

Sem comentários: