2/28/2010
Perigo!! gaseiro 61 cargado con GNL en Reganosa
O pemento do Couto obtén a IXP
En xuño de 2009 publicabase no DOUE a solicitude para rexistrar a denominación do pemento do Couto. Ao non terse notificado á comisión pertinente declaracións de oposición de conformidade ao respecto, a Unión Europea procedeu a rexistrar a denominación citada, tal e como consta no Diario Oficial da Unión Europea. Desde o pasado mércores está rexistrada a denominación, que entrará en vigor nun prazo de vinte días -contados a partires do pasado 24-. A Indicación Xeográfica Protexida do pemento do Couto aparece recollido no apartado de produtos agrícolas destinados ao consumo humano, na categoría de froitas, hortalizas e cereais frescos ou transformados.
A cooperativa do Val confiou sempre na obtención deste distintivo de calidade, baixo o que nos próximos meses se poderá comezar a comercializar o pemento do Couto, unha especie coa que traballan uns corenta socios das instalacións naronesas. Desde o pasado mes de decembro están xa medrando baixo os invernadoiros as prantas que producirán as que serán as primeiras unidades da hortaliza que se porán á venta coa Indicación Xeográfica Protexida, tal e como demandaba a cooperativa do Val.
Características
Os pementos a comercializar baixo a IXP son da especie Capsicum Anuun L, cuxo froito se recolecta en estado inmaduro precoz, para a súa venta en fresco. Un peso de entre catro e seis gramos por unidade, unha lonxitude de catro a oito centímetros, un ancho de dous, un pedúnculo de entre dous e tres e un espesor da carne de milímetro a milímetro e medio forman parte das características dos pementos amparados pola IXP. Ademais, o sabor da hortaliza debe ser dulce e non poden picar.
Etiquetas comerciais correspondentes á marca do produto e á codificación alfanumérica autorizada polo órgano de control, co logotipo da IXP, servirán para identificar os pementos do Couto unha vez cheguen ao mercado co distintivo de IXP e baixo a denominación de “Pemento do Couto”. Tan só as hortalizas que se cultiven cumprindo todas e cada unha das esixencias da UE poderán ser amparados pola IXP.
A variedade de pemento do Couto que se comercializará baixo a IXP solicitada pola cooperativa do Val cultívase, ademais de en Narón, nos municipios de Ares, Mugardos, Ferrol, Moeche, As Somozas, Valdoviño e Cedeira. Os produtores deberán aterse ás directrices marcadas polo plego de condicións da UE e tanto as plantacións como os almacéns e industrias serán obxecto de rigurosos controis, a fin de que a hortaliza esté “enteira, sana, limpa e exenta de danos” unha vez que chegue ao consumidor.
A UE marca a obrigatoriedade de comercializar os pementos en lotes de 200 ou 400 gramos entre o 15 de abril e o 31 de outubro.
Os recoñecementos de calidade foron tamén a parar, en Galicia, aos pementos de Arnoia e Oímbra, recoñecendo a Unión Europea a calidade de ambos produtos.
Os rigorosos coidados aos que, desde o momento da selección da semente, se sometía ao pemento do Couto continuarán marcando a calidade dun produto que cada vez conta con máis recoñecementos. Aos que xa tiña súmase agora o da Unión Europea que, sen dúbida, respalda o traballo feito desde hai moitos anos desde a cooperativa do Val.
A calidade dos pementos do Couto é desde hai moitos anos ben coñecida tanto dentro como fóra da comarca. Pero será a IXP a que remarcará aínda máis as características dun produto que logrou pasar os estrictos trámites que require a obtención de tal distintivo de calidade.
2/27/2010
Desconvocada a Concentración do Comité Cidadán

Segundo informa o Comité Cidadán de Emerxencia, este Sábado 27 de Febreiro de 2010, estaba prevista a entrada do gaseiro nº 61, cargado con GNL-LNG para suministrar á Planta de Reganosa. Agardaba-se ao xa coñecido "Hispania Spìrit", un buque metanero de grande porte, 279 metros de eslora e 43,4 de manga, con un calado de 12,12 metros e 26,02 de puntal, a capacidade deste buque -140.000m³- está no límite da permitida polas normas da Capitanía Marítima de Ferrol para poder entrar na Ría.
Diante deste anuncio de entrada do citado buque, o Comité Cidadán de Emerxencia convocou a correspondente acción de protesta e denuncia, para o mesmo día diante do Edifico Administrativo da Xunta, na Praza Amada García de Ferrol, mais como a Administración declarou, por mor das condicións atmosféricas, un estado metereolóxico adverso con nivel de "Alerta Vermella", para toda Galiza, o Comité Cidadán, decidiu desconvocar a concentración anunciada.
Nivel vermello: O risco meteorolóxico é extremo (fenómenos meteorolóxicos non habituais de intensidade excepcional).
Intervalo horario: Desde as 12h. do día 27/02/2010 até as 00h. do día 28/02/2010.
Comentarios:
* Refachos que puntualmente superaran os 140 km/h.
* Vento de compoñente sur rolando a noroeste, forza 10.
Supoñemos que o buque non entrará na Ría, dado que o anuncio de comezo do temporal está para o mediodía, e segundo as normas da Capitanía Marítima, o buque ten que entrar de día, en pleamar e con marea morta, e a Pleamar Diurna, segundo os datos das mareas da Autoridade Portuaria, é ás 13:37 horas cunha altura de 3.49 metros.
POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
2/25/2010
Máis de dous meses sen coñecer a derrota

Dous meses logo de renovarse a competición, tras as vacacións de Nadal, os equipos do CD Boiro e o As Pontes encabezan unha clasificación ficticia no grupo Norte da Preferente Autonómica. Os xogadores do club de Barraña, con 20 puntos, e os das Pontes, cun menos, superan a equipos como o Mesón do Bento (18), Dorneda (14) e Betanzos (13), os principais candidatos para ocupar unha das dúas prazas con dereito a ascenso á Terceira División.
De calquera modo, hai un equipo que está sorprendendo a propios ou estraños. Trátase do Galicia de Mugardos, que nestas oito xornadas non sabe o que é perder. É, xunto co Boiro, o único que conserva a condición de invicto tras os Nadais e colócase como cuarto na táboa se empezase a contar desde xaneiro. Os de Ferrolterra contabilizan 16 puntos, froito dos catro triunfos e catro empates cultivados en oito xornadas. Nunha liña positiva tamén se está movendo o Xove Lago, que totaliza 13 puntos de catro vitorias e empate.
No polo negativo atópase o Castro de Ribeiras de Lea, que non sabe o que é gañar un partido. É máis, dos vinte e catro puntos posibles só foi capaz de sumar dous, en senllos empates. Os outros oito restantes foron derrotas que acabaron coa destitución do adestrador este pasado domingo tras o empate co Flavia.
Nesa mesma liña, é dicir, negativa movéronse os equipos do Dubra, aínda que os de Bembibre suman un partido menos, Santaballés, Noia e Viveiro. Despois, conxuntos como O Val, Laracha ou Santiago manteñen unha traxectoria moi parecida á que ofreceron ata marcharse de vacacións do Nadal.
2/24/2010
A denuncia de Reganosa no Parlamento Europeo
De tal xeito, saíndo ao paso das informacións de arquivo da mesma, difundidas por algún medio de comunicación, queda claro que a denuncia segue vixente, incrementada agora con novos datos que demostran o perigo desas instalacións no interior da Ría e as falsidades cometidas polos seus promotores en aras a xustificar a súa instalación e a súa solicitude de ampliación.
Datos concernentes ao perigoso tránsito dos gaseiros, dos cales un 20% teñen que pospor a súa entrada pola meteoroloxía e as peculiares condicións naturais da nosa Ría.
Datos sobre o innecesario desta instalación que por falta de demanda está funcionando a un terzo da súa capacidade a pesar de deixar fóra de servizo o gaseoducto de Tui.
Carencia dun plan real de emerxencia, tanto para as instalacións como para os buques ante unha situación constante de intranquilidade e de perigo para a poboación, pola súa localización, pola súa situación frecuente de baixas existencias (sinalado varias veces polo Sistema Gasístico) e pola imposibilidade a que os gaseros pódense enfrontar para entrar na ría ou saír dela en caso de urxencia.
A todo isto engádese o dano ecolóxico producido á ría cos sistemas empregados para a regasificación e a perda de postos de traballo que iso a medio prazo leva.
Este CCE demanda - unha vez máis - a paralización da Planta, a máis deficitaria de todo o Estado, polo seu perigo evidente e polo custo económico innecesario para toda a cidadanía que se está mantendo, exclusivamente para beneficio dos seus promotores, coa complicidade das autoridades estatais, autonómicas e locais.
Comité Cidadán de Emerxencia
2/21/2010
Táboas do Galicia de Mugardos ante o Sada
2/20/2010
A planta de gas de Mugardos baixo minimos
Son unha ducia os buques gaseiros, cargados con GNL, os que, até agora, tiveron que abortar a súa entrada na Ría por mor de causas meteorolóxicas. O 20% do total, de 60 buques 12 non puideron entrar na Ría polo mal tempo reinante, estas condicións non permitiron, aos prácticos portuarios, entrar cos buques polo angosto canle de entrada á Ría de Ferrol.
O sistema gasístico pon-se en perigo, unha vez máis, por causa do mal funcionamento da Planta de Mugardos, ao estar esta a mínimos, sen clientes a quen vender o gas, non é a primeira vez que esta planta de gas chega aos límites do chamado “gas de manobra”, xa no pasado mes de Setembro a xestora gasística obrigou a empresa contratar un buque que ía con rumbo a Barcelona, pois detectaron a situación crítica da planta regasificadora de Mugardos.
"A información que acompaña á proposta de Orde xustifica que a modificación das peaxes de descarga de buques débese ao desequilibrio na utilización da planta de Mugardos, o cal pode constituír un problema na medida en que se poñan en perigo os niveis mínimos de planta por falta de utilización".
Este Xoves, 17 de Febreiro de 2010, a xestora do sistema gasístico estatal -ENAGAS- emitia unha nota informativa sobre a alerta que causou a situación de mínimos da regasificadora de Mugardos e acima complicada polas condicións atmosféricas adversa.
Esta é a nota que publicou ENAGAS: Nota de Operación Nº03 – 17.02.2010 (Cont. 2 e Final)
Ante a eventualidade de que persistisen as condicións atmosféricas adversas durante o día de onte martes e fóra preciso chegar a ter que parar a produción da Planta para manter as existencias mínimas de seguridade, preparáronse para a súa posible activación as medidas previstas para este caso no Acordo de Asistencia Mutua ENAGÁS-REN, consistentes na achega a través da conexión de Valença-Tui de cantidades de gas suplementarias. Desde o propio luns, o sistema gasista configurouse para conseguir a máxima achega de gas á Zona IV (Galicia- Asturias) desde a Vía da Prata e os gasodutos Burgos-Santander.
O buque finalmente puido realizar a súa manobra de entrada e atracada, e proceder ao comezo da súa descarga na tarde noite de onte martes. As medidas de Asistencia Mutua desactiváronse sen chegar a implementarse. Debemos destacar a actitude positiva e de total colaboración de REN.
Mantense a atención a toda a demanda programada.
Información baseada na publicada en Artabra 21
2/18/2010
Apresado en Mugardos un ra furtivo
O ilegal extraía ameixa cun equipo de mergullo con botellas. Quitara vinte quilos deste bivalvo que, na actualidade, non pode ser consumido ao atoparse nunha área declarada zona C e que require dun proceso de depuración biolóxica previo á súa venda. O requisado foi devolto á auga.
2/16/2010
LNG Catalunya Spirit: 2º intento fallido

De 60 gaseiros o nº de entradas abortadas foi de 12, o que supón o 20% do total sendo un indicativo das condicións singulares da Ría de Ferrol e da non idoneidade da ubicación da Planta de Gas no interior dela.
O recente accidente pola explosión de gas na planta de ciclo combinado en Conneticut (USA) pon ao día a peligrosidade dunha instalación como Reganosa que en caso de accidente, tanto na Planta como nun gaseiro, causaria miles de vítimas. Esta instalación que actualmente traballa ao 30 % da sua capacidade – para manter a sua actividade ,teñen pechado o gasoducto de Tui – é unha instalacion non so peligrosa e ilegal senon deficitaria e que soportamos o conxunto dos cidadáns pagando un gas máis caro para o beneficio exclusivo dos promotores. Estes recibiron no pasado ano 60 MM de euros do Sistema Gasístico, ou sexa do peto de todos.
Unha vez máis o CCE demanda dos poderes públicos o peche desta instalación e a apertura dos gasoductos.
Relacion de gaseiros cargados con GNL que abortaron a sua entrada na Ria de Ferrol, para descargar na planta de Reganosa., por culpa das condicions metereoloxicas:
LNG Cheik el Mokrany(05/02/2008), LNG Mourad Didouche (24/03/2008), LNG Edo(16/10/2008), Madrid Spirit (20/10/2008), Bilbao Knutsen ( 25/11/2008) , LNG Lagos (13/12/2008 e 14/12/2008), Madrid Spirit (29/08/2009), LNG Finima (13/11/2009 e 14/11/2009), LNG Lokoja (28/11/2009), LNG Catalunya Spirit (15/02/2010).
Outro gaseiro que non pode entrar
O Catalunya Spirit tiña prevista a súa chegada a Reganosa este Luns 15 de Febreiro de 2010, mais como xa dixemos non puido entrar, o forte vento desta tarde foi o "culpábel". Mais mañá coincidindo coa pleamar diúrna, único momento no que o buque pode atravesar a canle da Ría e atracar no peirao da regasificadora de Mugardos en Punta Promontorio, vai-no intentar de novo, até conseguir deixar a súa perigosa carga.
Reganosa, ao traer este buque, voltará de novo, coa complicidade da Xunta, dos concellos de Mugardos e Ferrol, do Goberno de Madrid, a aumentar o perigo potencial que xa de por si ten a presencia da planta de gas, instalada no corazón da nosa Ría, ameazando a seguridade e vida das miles de persoas que moramos na súa contorna.
A pesar de que o buque non entrou, o Comité Cidadán realizou a súa acción de protesta, unha acción que pretende avisar á poboación do perigo da presencia dun buque cargado con GNL dentro da Ría, así como para denunciar mais unha vez a instalación da planta de gas dentro da Ría, todo un despropósito: perigoso, irracional e corrupto.
Polo seu interese achegamos un artigo de Lorena Bustabad, publicado hoxe no xornal El País na súa edición para Galiza.
2/14/2010
Perigo!! gaseiro 60 cargado con GNL para Reganosa
Agárdase para mañá luns, 15 de febreiro, a entrada na Ría de Ferrol do buque gaseiro "Catalunya Spirit" coa súa perigosa carga para Reganosa.
É por isto polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha CONCENTRACIÓN de protesta este luns, ás 7 da tarde, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, en Ferrol, para amosar a súa desconformidade coa entrada na Ría de buques cun cargamento tan perigoso como é o GNL, e para denunciar a corrupción e o despropósito gasístico que representa Reganosa, esixindo o seu desmantelamento xa!
Este sería o 60 buque gaseiro que atraca no peirao de Reganosa en Punta Promontorio, Meá, Mugardos.
Participa!
Este gaseiro o 11 de Febreiro de 2008 quedou , a plena carga, á deriva fronte a Cape Cod, costa do estado de Massachussets (USA).
Comité Cidadán de Emerxencia (CCE)
2/12/2010
Reganosa achegará máis de dous millóns para o museo romano
A de hoxe non será unha xornada máis na vida municipal do Concello de Mugardos. Transcorridos máis de seis anos desde a aprobación do traslado dos vestixios romanos de Caldoval -acordo que fixo posible a ampliación de Reganosa- o goberno de Xosé Fernández Barcia garante ao fin a realización do museo que acollerá os restos da vila que foi obrigada a cambiar de localización para favorecer o progreso. Este proxecto materializarase en virtude do convenio que, ás 13.30 horas de hoxe venres, asinarán os representantes da Xunta, da administración mugardesa e de Reganosa. A sede da Consellería de Cultura acollerá a celebración do acto que onte xa foi valorado polo rexedor municipal para Diario de Ferrol.
Fernández Barcia insistiu na importancia dun acordo, cuxa negociación resultou excesivamente longa, segundo subliñou, por tratarse duns ?restos únicos en Galicia? e por considerar que ao amparo deste novo reclamo cultural abriranse moitas posibilidades a un municipio que loita, como calquera outro, por facerse un oco no difícil mundo da promoción turística. En canto ao acordo que dará lugar ao novo centro cultural, a parte económica, tanto a necesaria para realizar a obra como a que fará posible a posta en valor dos restos, correrá a cargo da empresa gasística. O valor estimado de ambas supera os dous millóns de euros, tal e como adiantou o primeiro edil de Mugardos. Este, ademais, explicou que, á marxe do groso do investimento, a empresa financiará a convocatoria do concurso de ideas do que sairá o deseño do novo museo e, sobre esta cuestión, Barcia confirmou que para a iniciativa están consignados outros 60.000 euros.
Pola súa banda, a Xunta supervisará tanto a construción dun edificio, que deberá reunir unhas determinadas condicións para garantir a conservación dos restos, como a exposición ao público dos mesmos de forma que sexa o máis didáctica e funcional posible.
A participación do Concello no proxecto pasa por pór a disposición da empresa os terreos necesarios para a realización do proxecto. Estes localízanse nas inmediacións do instituto, son propiedade da administración local e, tanto polo seu emprazamento como polas súas condicións, foron os mellor valorados por parte dos responsables municipais. O alcalde de Mugardos, considerou posible que unha vez asinado o convenio o proxecto poida estar executado no prazo de doce meses. O xacemento de Caldoval deixou constancia dun muro e tres habitacións duns 30 metros cadrados cada unha. Todo o conxunto daba lugar a unha superficie de 250 metros de superficies construídas. Desde o ano 2004, e baixo a supervisión da Xunta, os restos recuperados do xacemento permaneceron almacenados na carpa instalada para a escavación.
Diario de Ferrol
2/10/2010
EU pedirá o peche de Reganosa no Parlamento Europeo
O partido achegará un documento no que se inclúen os datos do funcionamento da planta de gas, desde que foi autorizada en novembro do ano 2007.
Desta forma, continúa coa petición ante a Unión Europea de que se peche a instalación gasística, que EU-IU sostén que está situada "ilegalmente" e que non é viable economicamente como demostraría a súa baixa eficacia e rendemento.
Entre a nova documentación que achegará EU destácase que unha decena de gaseiros tiveron que abortar a súa entrada na ría debido ás condicións meteorolóxicas, o que demostraría, a xuízo da formación política, "o risco" que supón a localización de Reganosa no interior da ría e a menos de 2 quilómetros de distancia dos núcleos habitados.
Seguridade
EU incidirá que na entrada de barcos metaneros cargados con ata 140.000 metros cúbicos de gas natural e "o incumprimento das normas de seguridade", ademais da destrución do ecosistema da ría, son argumentos suficientes para expor o peche da regasificadora.
Unha delegación de EU asistirá á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para defender a "ilegalidade" que atribúen a Reganosa, co obxectivo de obter o mesmo resultado que o conseguido en torno ao recheo do porto de Marín ou os depósitos de Ferrazo de Vilagarcía.
2/08/2010
Galicia de Mugardos 3-1 Noia
O Galicia de Mugardos aproveitouse da afortunada xogada que supuxo o un a cero -o disparo de Mario David rexeitou nun defensa e despistou ao porteiro- para "cubrir" unha primeira parte irregular na que cedeu o dominio do centro do campo ao Noia.
Explosión de Gas nunha Central de ciclo combinado en USA
A forte explosión, similar a un terremoto segundo algunhas testemuñas, sacudiu unha hora antes do mediodía de onte a cidade de Middletown, situada no estado norteamericano de Connecticut. Os veciños da zona viron como os cristais das súas fiestras rompían e desencaixábanse as portas das súas vivendas, mentres moitos dos tabiques se resquebrajaban. Pronto foron conscientes do que sucedera. A central eléctrica de ciclo combinado localizada a dezaseis quilómetros do centro da localidade e que dá traballo a moitos dos seus habitantes estalara.
O temor a que se produciron gran cantidade de vítimas mortais sacudiu a toda a zona. Pronto comezaron os rumores sobre o número de mortos que podía haber. As primeiras informacións de Policía e Bombeiros falaban só de dous falecidos e decenas de feridos. Con todo, unha testemuña da traxedia, segundo recollía o diario local "Hartford Courant" , aseguraba que vira «corpos por todas partes».
Outra persoa que se atopaba cerca no momento de producirse o sinistro indicou que moitas das vítimas atopábanse aínda baixo os cascallos xerados pola explosión. E unha máis manifestou que o estalido ocorreu xusto cando se activou o sistema de xeración da central para realizar unha proba. Os primeiros informes apuntan a que o accidente, ocorrido ás 11.00 horas de onte (17.00 hora peninsular), tivo a súa orixe no rebentón dunha das tubaxes de gas da central.
O subjefe dos Bombeiros de Middletown, indicou que había «mortes confirmadas», pero non puido precisar máis. Ademais, destacou que no momento da explosión polo menos cincuenta obreiros da construción atopábanse realizando diversos labores na planta, ademais do outro medio centenar de operarios que habitualmente traballa na central. Unha das tarefas que se acometían no momento da deflagración consistía en purgar as conducións de gas natural. O lugar preciso onde se produciu o estalido foi o edificio máis grande do complexo capaz de xerar 620 megavatios, que quedou reducido a cascallos, segundo varias persoas.
Polo menos vinte ambulancias, camións de bombeiros e un helicóptero desprazáronse rapidamente ata a Kleen Energy Systems, que se atopaba en construción e tiña previsto comezar a funcionar a finais deste ano. Unha columna de fume que podía verse a quilómetros de distancia daba idea da magnitude do accidente. Os aproximadamente cen bombeiros desprazados ata a planta declararon extinguido o incendio sobre as 13.30 horas e as autoridades sostiveron pouco despois que desaparecera calquera perigo.
Procura e rescate
O administrador da planta eléctrica, Gordon Holk, citado pola CNN, non puido confirmar tampouco o número de vítimas, aínda que confirmou que había varias. Ao mesmo tempo falaba de «moitos afectados» e varios traballadores en paradoiro descoñecido, que poderían acharse baixo os cascallos. «Desenvolvemos unha operación de procura e rescate», afirmou Holk.
O hospital de Middlesex, nas proximidades da planta, informou de que recibira a once feridos, dos que un foi trasladado a outro centro en Hartford. Varios dos afectados presentaban ósos rotos na pelvis e as extremidades, declarou á CNN o médico Jonathan Bankoff. Tamén sinalou que polo menos dous se atopaban en estado crítico.
O funcionario Kevin White da Policía de Middletown dixo a Reuters que se estaban levando a cabo probas no momento da explosión e que a planta tiña almacenada unha gran cantidade de gas natural. «Desenvolvemos unha operación de procura e rescate», asegurou o administrador da planta.
2/06/2010
Lembrando a Carmelo Teixeiro
No parque que leva o seu Nome, o pé dos tres carballos plantados na súa memoria, lembramos a Carmelo, a súa labor ao fronte deste Comité Cidadán e a súa semente de loita e compromiso contra o maior perigo a que se enfronta a nosa comarca, a Planta de Gas ubicada no interior da Ría de Ferrol.
Foi un acto sinxelo, coa intervención de membros do Comité,música de Estrella o seu violín e do grupo A Revolta.
Fixosese unha ofrenda floral na Ría de Ferrol,onde se esparciron as suas cinzasé na sua placa conmemorativa
Carmelo Teixeiro, Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol, dedicou os dez últimos anos da súa vida a dirixir con eficacia, enerxía e constancia todas as actividades desenvolvidas en contra da ubicación da Planta de Gas, da defensa medioambiental da Ría e da vida dos seus habitantes.
Ademais, Carmelo Teixeiro desempeñou un importante papel na Transición política do noso país. Procedente das JOC, participou activamente no movemento sindical de Bazán dos anos sesenta ( foi xurado nas eleccións de 1963) e na reconstrución do movemento socialista na comarca, pois foi fundador da USO, posteriormente dirixente da UXT e formou parte da dirección do PS de G-PSOE, desde 1978.
Fundador e primeiro presidente da Asociación Cultural Fuco Buxán e da Revista Razón Socialista, o seu traballo sempre intenso, desinteresado e discreto, ao longo de toda a súa vida, polas causas sindicais, políticas e sociais, fai que nós - os seus compañeiros de tantos anos - sintámosnos enormemente orgullosos e agradecidos de compartir con el amizade, inquedanzas e tarefas.
2/04/2010
Homenaxe a Carmelo Teixeiro no II Aniversario do seu pasamento
Tres carballos para Carmelo
Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol Sábado, 6 de febreiro 2009, ás 12 h en Caranza (Parque Carmelo Teixeiro) celebrarase unha homenaxe a quen foi o seu primeiro Coordinador. Carmelo Teixeiro Menéndez ao celebrarse o segundo aniversario do seu pasamento.
Alí, no parque que leva o seu Nome, ao pé dos tres carballos plantados na súa memoria, lembraremos a Carmelo, a súa labor ao fronte deste Comité Cidadán e a súa semente de loita e compromiso contra o maior perigo a que se enfronta a nosa comarca, a Planta de Gas ubicada no interior da Ría de Ferrol.
Será un acto sinxelo, coa intervención de membros do Comité e a música de Estrella e o su violín e do grupo A Revolta.
Farase unha ofrenda floral na que tod@s estamos convidados.
Carmelo Teixeiro, Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol, dedicou os dez últimos anos da súa vida a dirixir con eficacia, enerxía e constancia todas as actividades desenvolvidas en contra da ubicación da Planta de Gas, da defensa medioambiental da Ría e da vida dos seus habitantes.
Ademais, Carmelo Teixeiro desempeñou un importante papel na Transición política do noso país. Procedente das JOC, participou activamente no movemento sindical de Bazán dos anos sesenta ( foi xurado nas eleccións de 1963) e na reconstrución do movemento socialista na comarca, pois foi fundador da USO, posteriormente dirixente da UXT e formou parte da dirección do PS de G-PSOE, desde 1978.
Fundador e primeiro presidente da Asociación Cultural Fuco Buxán e da Revista “Razón Socialista”, o seu traballo sempre intenso, desinteresado e discreto, ao longo de toda a súa vida, polas causas sindicais, políticas e sociais, é un exemplo de entrega e compromiso para as compañeiras e compañeiros que se esforzan cada día por acadar un mundo máis xusto e solidario.
2/01/2010
"Hat-trick" de Pablo Lorenzo ao Xove
