O Galicia de Mugardos aproveitouse da afortunada xogada que supuxo o un a cero -o disparo de Mario David rexeitou nun defensa e despistou ao porteiro- para "cubrir" unha primeira parte irregular na que cedeu o dominio do centro do campo ao Noia.
Na segunda metade, as forzas estiveron algo máis niveladas en todas as áreas, pero foi de novo o grupo de Cata o que conseguiu marcar grazas a unha internada de Puchi que rematou Lorenzo a portería baleira.
Aínda que os visitantes reduciron distancias, o Mugardos tiña a sorte do seu lado e sentenciou o choque nun penalti cometido sobre Tenreiro.
Os dirixentes mugardeses reiteraron onte o seu agradecemento ao Galicia de Caranza polo "asilo" facilitado esta xornada.
Sem comentários:
Enviar um comentário