Segundo informa o Comité Cidadán de Emerxencia, este Sábado 27 de Febreiro de 2010, estaba prevista a entrada do gaseiro nº 61, cargado con GNL-LNG para suministrar á Planta de Reganosa. Agardaba-se ao xa coñecido "Hispania Spìrit", un buque metanero de grande porte, 279 metros de eslora e 43,4 de manga, con un calado de 12,12 metros e 26,02 de puntal, a capacidade deste buque -140.000m³- está no límite da permitida polas normas da Capitanía Marítima de Ferrol para poder entrar na Ría.
Diante deste anuncio de entrada do citado buque, o Comité Cidadán de Emerxencia convocou a correspondente acción de protesta e denuncia, para o mesmo día diante do Edifico Administrativo da Xunta, na Praza Amada García de Ferrol, mais como a Administración declarou, por mor das condicións atmosféricas, un estado metereolóxico adverso con nivel de "Alerta Vermella", para toda Galiza, o Comité Cidadán, decidiu desconvocar a concentración anunciada.
Nivel vermello: O risco meteorolóxico é extremo (fenómenos meteorolóxicos non habituais de intensidade excepcional).
Intervalo horario: Desde as 12h. do día 27/02/2010 até as 00h. do día 28/02/2010.
Comentarios:
* Refachos que puntualmente superaran os 140 km/h.
* Vento de compoñente sur rolando a noroeste, forza 10.
Supoñemos que o buque non entrará na Ría, dado que o anuncio de comezo do temporal está para o mediodía, e segundo as normas da Capitanía Marítima, o buque ten que entrar de día, en pleamar e con marea morta, e a Pleamar Diurna, segundo os datos das mareas da Autoridade Portuaria, é ás 13:37 horas cunha altura de 3.49 metros.
POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Sem comentários:
Enviar um comentário