2/06/2010

Lembrando a Carmelo Teixeiro


Máis fotos da Lembranza


No parque que leva o seu Nome, o pé dos tres carballos plantados na súa memoria, lembramos a Carmelo, a súa labor ao fronte deste Comité Cidadán e a súa semente de loita e compromiso contra o maior perigo a que se enfronta a nosa comarca, a Planta de Gas ubicada no interior da Ría de Ferrol.
Foi un acto sinxelo, coa intervención de membros do Comité,música de Estrella o seu violín e do grupo A Revolta.
Fixosese unha ofrenda floral na Ría de Ferrol,onde se esparciron as suas cinzasé na sua placa conmemorativa

Carmelo Teixeiro, Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol, dedicou os dez últimos anos da súa vida a dirixir con eficacia, enerxía e constancia todas as actividades desenvolvidas en contra da ubicación da Planta de Gas, da defensa medioambiental da Ría e da vida dos seus habitantes.

Ademais, Carmelo Teixeiro desempeñou un importante papel na Transición política do noso país. Procedente das JOC, participou activamente no movemento sindical de Bazán dos anos sesenta ( foi xurado nas eleccións de 1963) e na reconstrución do movemento socialista na comarca, pois foi fundador da USO, posteriormente dirixente da UXT e formou parte da dirección do PS de G-PSOE, desde 1978.
Fundador e primeiro presidente da Asociación Cultural Fuco Buxán e da Revista Razón Socialista, o seu traballo sempre intenso, desinteresado e discreto, ao longo de toda a súa vida, polas causas sindicais, políticas e sociais, fai que nós - os seus compañeiros de tantos anos - sintámosnos enormemente orgullosos e agradecidos de compartir con el amizade, inquedanzas e tarefas.



ferrolsuso.blogspot.com

Carmelo: ¡A loita continúa!

Recordando a Carmelo (de José Torregrosa)

Colectivo Ártabra 21

Sem comentários: