Cartaz XIX Festa do Polbo Iniciouse o XIII concurso de carteis da
Festa do Polbo do
Concello de Mugardos no que podedes participar presentando as vosas propostas. O premio consistirá en 450 euros.
A continuación recollemos as bases do concurso:
Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de 16 anos, que o desexen.
Cada participante poderá presentar un único orixinal, de tamaño DIN A3, sen límite de cores ou técnicas. No caso de que o cartel premiado resulte estar feito por ordenador, tendo que ser un deseño orixinal, terá que ser entregado o soporte informático correspondente. O tema do cartel será a XX FESTA DO POLBO. Os carteis deberán presentar o debuxo e o seguinte texto: XX FESTA DO POLBO CONCELLO DE MUGARDOS.
Prazo de presentación: todo o mes de abril de 2010. Os carteis poderán presentarse no departamento de cultura en horario:
- maña: de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas
- tarde: xoves de 17.00 a 19.30 horas
Os traballos irán asinados con pseudónimo, acompañándose dun sobre pechado que estará pegado por detrás do cartel, cos datos completos do autor/a: nome, idade, enderezo e teléfono.
O xurado estará formado polas/os membros da Comisión de Cultura do Concello de Mugardos. Este decidirá tendo en conta estas bases, por maioría de votos e de forma inapelable. Ditaminará na seguinte semana logo do peche de recepción de orixinais.
O premio consistirá en 450 euros que se entregarán en metálico (á citada cantidade aplicaráselle a retención correspondente ao IRPF). O premio poderase declarar deserto, en caso de que o xurado así o estimase, en decisión inapelable. O local e a data nos que se fará entrega deste fixarase no momento oportuno.
Poderá facerse unha exposición dos traballos presentados. Os non seleccionados deberán retirarse polos participantes.
O cartel premiado quedará no poder do Concello de Mugardos e pasará a formar parte do patrimonio cultural deste, así como os cinco seleccionados, podendo reproducilos e difundilos con enteira liberdade.
A participación implica a total aceptación destas bases.
Concello de Mugardos
Sem comentários:
Enviar um comentário