O Club Lemos impúxose na Pinguela ao equipo mugardés cun gol desde o punto de penalti
O Club Lemos sumou tres puntos ante o Galicia de Mugardos. Un gol de Iván Cid ao materializar unha pena máxima no minuto 80 foi suficiente para gañar un partido, que unha vez máis protagonizou o árbitro.
O colexiado ourensán, Gómez Fernández, ensinou un total de dezaoito cartóns amarelos.
O primeiro tempo foi bastante igualado, sen apenas ocasións de gol. O Galicia Mugardos gozou dunha no minuto 30, á que contestou Miguel cun lanzamento de falta, que repeleu cos puños o gardameta visitante, Javi. Con empate (0-0) fóronse ambos os conxuntos ao descanso.
Na continuación, tanto o Lemos como o Galicia Mugardos saíron decididos a sentenciar o partido. O visitante Pablo Lorenzo enviou un balón á escuadra, que sacou providencialmente Diego Penas. No minuto 52, o porteiro visitante saíu fose da área nun envío de saque de portería, o que supuxo unha falta a favor dos locais. Lanzouna Iván Cid , pero non tivo consecuencia.
Xogada clave
A xogada crave do partido produciuse no minuto 79. O árbitro sinalou un penalti a favor do Lemos por derriba dun defensa a Fran. Materializouno Iván Cid , o que supuxo o 1-0 definitivo.
Tres minutos máis tarde, Gomis foi derrubado por un defensa. Gómez Fernández sinalou pena máxima. Nesta ocasión o porteiro visitante, Javi paronou. O Lemos volveu gozar dunha oportunidade de cabeza no minuto 95. Javi sacou a pelota debaixo dos paus.
Non houbo tempo para máis, a pesar de que o árbitro alargou o partido oito minutos.
O poder da risa
Há 1 semana
Sem comentários:
Enviar um comentário