A día de hoxe os traballadores de Reganosa "xa están á cola de Europa en canto a efectivos e condicións laborais"
A modificación será impugnada e non se descartan mobillizacións
O Comité de empresa de Reganosa, presidido polo sindicato UGT, denuncia que a dirección da planta ven de comunicar a imposición dunha modificación substancial das condicións de traballo, non respectando así o Pacto subscrito en xullo de 2008 entre Reganosa e os seus traballadores.
Aínda que as modernas instalacións da planta e a alta cualificación dos seus operarios supón unha garantía de seguridade e opertividade, as actuacións da dirección da empresa xeneran un crecente malestar e desmotivación entre os traballadores, provocando un ambiente laboral que cada vez se afasta máis das concidións óptimas nas que debe traballar unha planta destas características.
Para aplicar este cambio organizativo, que será imposto a mediados de abril, a dirección de Reganosa argumenta que coa organización actual xenéranse moitas horas extraordinarias no departamento de operacións. Para UGT, a realidade é que o número de operadores é moi escaso e, ademais, estase a realizar unha mala xestión do persoal, probablemente, condicionada polo interese de aumentar a disponibilidade para modificar o calendario laboral dos traballadores. Por outro lado, o departamento de mantemento continúa baixo mínimos de persoal e, ante a baixa dun só operario, a planta podería quedar desprotexida ante calquera posible incidencia que precisase da intervención deste departamento.
Todo isto fai pensar que a dirección de Reganosa trata de aproveitar a situación de crise financiera e do mercado laboral para recortar aínda máis en gastos de persoal.
Dende UGT explícase que a día de hoxe a plantilla de Reganosa xa está á cola de Europa en canto a efectivos e condicións laborais. A terminal de Mugardos é, xunto coa de Sines, en Portugal, a planta de gas que conta co menor número de persoal técnico de operación e mantemento.
O Comité de empresa de Reganosa anuncia que, por decisión unánime dos traballadores, esta imposición de modificación das condicións laborais será impugnada e que iniciarán mobilizacións para evitar empeorar aínda máis a situación.
Sem comentários:
Enviar um comentário