8/24/2010

Graves incumprimentos na entrada na Ría do "LNG Sokoto"

"LNG Sokoto" entrando na ría entre a néboa

Nota de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Sobre a entrada do gaseiro nº 72 "LNG Sokoto"

No día de hoxe un novo barco gaseiro o "LNG SOKOTO" cargado con gas natural licuado entrou sobre as 16,30 h na Ría de Ferrol para suministrar a planta de Reganosa. Unha nova entrada ilegal por canto os barcos gaseiros cargados non poden cumplimentar a normativa de navegabilidade -EN1532- dentro da Ría nunha situación de emerxencia que requiere que o gaseiro poida poñer rumbo a mar aberto polos seus propios medios.

Debemos lembrar que o canal de entrada da Ría é de 4.5 Km de lonxitude, cun ancho navegable de 150 m, e que neste percorrido o gaseiro ten que cambiar de rumbo 6 veces.

As circunstancias da entrada do "LNG SOKOTO", amosan o incumprimento das propias normas de seguridade para a entrada, desatraque e saida dos grandes barcos gaseiros na Ría de Ferrol, fixadas pola propia Capitania Maritima de Ferrol, que esixen, entre outras precaucións, unha visibilidade mínima de 1.200 m, que hoxe non se cumplia no momento da entrada como pode observarse nas fotografias que se tomaron polo CCE e que se aportan .

O Comité Cidadán de Emerxencia (CCE) denuncia unha vez mais a temeridade daqueles que eluden a súas obrigas, supeditando o interes xeral e o cumprimento da legalidade aos intereses de Reganosa, a costa de expoñer a poboacion que vive no entorno desta Ría aos riscos evidentes.

Ferrol a 23 de Agosto de 2010


Antes de que suceda unha catástrofre

Comité Cidadán de Emerxencia

Colectivo Ártabra 21

Sem comentários: