8/23/2010

O Mesón do Vento superou ao Galicia de Mugardos


O Mesón do Bento tivo que empregarse para vencer a un Galicia de Mugardos moi serio

O Trofeo Industriais que onte se disputou no campo da Pedreira entre o conxunto do Galicia de Mugardos e o Mesón do Bento tivo numerosos compoñentes sentimentais debido, por exemplo, ao retorno nas filas visitantes do anterior técnico mugardés, Cata, así como de dous xogadores que o ano pasado militaban así mesmo nas filas do Galicia, Iván e Tenreiro.

Ademais, a directiva quixo render homenaxe ao equipo do club que logrou o campionato autonómico de afeccionados no ano 1978, o que atraeu a numeroso público -ao redor dunhas 500 persoas- ao terreo de xogo.

No estritamente deportivo, o encontro presentouse como un duelo bastante igualado pola seriedade dos locais, que trataron de compensar a diferenza de categoría existente entre ambos -Preferente os locais e Terceira División os visitantes- con traballo en defensa e no centro do campo e de feito conseguírono durante moitos minutos. Os visitantes non foron capaces de xogar con comodidade e tampouco de crear ocasións moi claras de gol durante a primeira metade, polo que ambos se foron aos vestiarios co empate inicial a cero goles. Na segunda, os numerosos cambios introducidos por ambos os técnicos pareceron sentar mellor ao Mesón do Bento, que se adiantou por medio de Rubén no minuto 20 da segunda metade. Aínda que os mugardeses intentaron anotar o empate, o marcador xa non se movería e esta edición do Trofeo Industriais iríase para a formación adestrada por Cata.

Galicia de Mugardos: Agustín, Rubén, Jorge, Álex García, Sanmartín, Óscar Pérez, Maikel, Grueiro, Rebolo, Canosa y Dani Ramos. Tamén xogaron: Adrián, Óscar (porteiro suplente), Rouco, Jose, Dani Eume, Moya, Josiño, Vituco y Michi.
Mesón do Bento: Mario, Iván Sanchez, Rubén, Sergio, César, Michel, Deza, Julio, Diego, Xoel y David Louro. Tamén xogaron: Evaristo, Sambade, Jorge Rebollo, David Piña, Tenreiro, Suso, Santi Silva y Mindi.
Árbitro: Cristian Santos González, asistido por Juan Carlos Fernández y Julio Santiago.
Goles: 0-1 min. 20: Rubén.
Campo: A Pedreira.

Incidencias: Antes do comezo do encontro rendeuse homenaxe ao equipo que se proclamou campión galego de afeccionados no ano 1978.

Sem comentários: