O xoves iníciase a Semana Náutica de Ferrol Spinnaker 2010 no peirao de Curuxeiras e todos os concellos da ría departamental puxéronse de acordo para tomar parte no evento coa súa presenza para mostrar o seu potencial turístico.
Ferrol, Narón, Neda, Fene e Mugardos desprazarán as súas oficinas de turismo ao evento co fin de atraer aos miles de visitantes que ao longo dos catro días de duración da Semana Náutica pásanse polo recinto.
Se nas cinco primeiras edicións da Semana Náutica Ferrol foi o que levou todo o protagonismo, nesta ocasión, os demais alcaldes dos concellos da ría ferrolá quixeron estar presentes, nunha clara mostra do intento de facer rexurdir as boas relacións entre os concellos que forman parte da Mancomunidade.
Así, o concello de Narón, en colaboración coa Cooperativa do Val, levará a cabo degustacións do pemento do Couto, que se realizan o sábado 7 e o domingo 8, a partir das 13.00 horas.
Mugardos tamén destaca polo seu polbo e por iso desde a oficina de turismo que montarán no porto departamental sortearán unhas degustacións dese produto na Posada do Mar.
Polo que se refire a Neda dará a coñecer as excelencias dos seus panadeiros con algún posto de venda dos seus produtos, así como degustacións que servirán para demostrar que conta cun pan, dos mellores do país.
O outro Concello presente no evento é o de Fene cunha exposición do seu municipio, á vez que efecuará un sorteo ao longo dos días do evento.
Todos xuntos tamén estarán presentes nas degustacións de mexillóns da ría que a organización da Semana Náutica Spinnaker 2010 ten preparadas.
Sem comentários:
Enviar um comentário