O vindeiro domingo a directiva do Galicia de Mugardos realizará unha homenaxe aos integrantes do equipo de 1978 que se proclamou Campión Galego de Afeccionados. Estarán no terreo de xogo da Pedreira xente como Pacucho, Polito, Rico, os Sanesteban, Finocho Caínzos, Coté, Amador, Santi, Pedro ou Luis. Tamén pisarán de novo a Pedreira Tonucho, Jesús Manuel, Susín, Lasén, Bouza e Lito e os porteiros Castro, Andrés, Bastida e Abraham. Foi un gran ano esta temporada de 1978.
Foi un equipo único que escribiu un momento de gloria na intensa e interesante historia do Galicia de Mugardos. A homenaxe comezará ás seis da tarde antes da celebración do trofeo industriais.
O poder da risa
Há 1 semana
Sem comentários:
Enviar um comentário