8/12/2010

A planta de gas, para as Antípodas

Vista de Mugardos (J.C. Martínez)

Outro titular é: Reganosa deixa de ser galega

A partir de setembro, case 200 empregos directos, 135 quilómetros de gasodutos e un investimento de máis de 400 millóns de euros no corazón da ría de Ferrol pasarán a depender dun fondo de investimento con sede a 17.000 quilómetros de distancia, nas Antípodas. A marcha das dúas caixas galegas e do Pastor da planta de gas de Galicia é o último caso de desgalleguización dunha gran empresa do país. Unha desas á que se pon o adxectivo estratéxica coa mesma rapidez coa que deixa de selo.

Antes que Reganosa o foron Fadesa (foise a Madrid), as autoestradas (para Estados Unidos), San Luís (Inglaterra), Leite Celta (tamén americana), R (pronto será británica), Pizza Móbil (portuguesa) ou Unión Fenosa (catalá). A chamada da Xunta para regalleguizar esta última foi un fracaso. Está por ver se coa regasificadora o resultado para o Goberno galego é similar.

Industrias con pulmón galego, si, pero a billetera sempre é estranxeira.


Rubén Santamarta

Sem comentários: