3/13/2011

Ao Galicia de Mugardos fáltalle definición e algo máis de sorte


O Galicia de Mugardos continúa facendo bos partidos pero perdendo coma sempre e nisto do fútbol goles son amores. O Dorneda visitou esta tarde o campo de A Pedreira e a vila mariñeira e levouse os tres puntos da vítoria. Todo hai que decilo sen moito merito pero con moito esforzo. O Galicia mereceu máis xa que tivo tiros a todos os paos da porta visitante. O primeiro aviso deuno o fenés Rubén Seco no primeiro minuto de encontro cun balón que rexeita o traveseiro e que dá posteriormente no pao dereito. O esférico finalmente non entrou. Canosa tivo tamén a súa ocasión clara asi como varios xogadores do Mugardos pero a pelota non entrou. Pola súa banda o Dorneda non se achegou moito a porta de Agustín pero no minuto 12 de partido o xogador visitante Miguel Angel realiza un contragolpe e pásalle o esférico a Alberto que se vai de Sanmartín e de Adrián Martínez achegándose á porta mugardesa. O gardarredes Agustín non poido facer nada.
Na segunda metade o Dorneda xogou a defender o resultado e pechouse atrás. O Mugardos intentouno pero xa era máis difícil xenerar ocasións claras de gol e finalmente o equipo visitante gañou pola mínima o partido.

Sem comentários: