3/27/2011

Vítoria xusta do Galicia de Mugardos na Pedreira ante o Foz




O Galicia de Mugardos gañou ao Foz por 3 tantos a 1 nun partido onde o conxunto lugués non amosou moito potencial ofensivo e deixou o dominio do centro do campo nas máns do equipo de Germán Amil. O Mugardos foise ao descanso con vítoria pola mínima grazas ao gol de Vituco.

Na segunda metade o Galicia ampliou a súa ventaxa co tanto de Maikel e sentenciou co gol de Grueiro, prácticamente ao remate do tempo regulamentario.

O tanto da honra do Foz chegou cando o reloxo marcaba o minuto 85 de partido e foi obra de Dumi tras un erro defensivo mugardés. Dumi foi o mellor xogador do Foz esta tarde na Pedreira.

O primeiro tanto da tarde saiu dunha xogada que parte de Manel ao ver a Vituco internarse pola banda dereita, o pase permite a Vituco quedarse só diante da porta de Bruzas e bater ao porteiro visitante por baixo.

Na segunda metade, o segundo gol do equipo de Germán Amil chegou no minuto 81 de partido e foi obra de Maikel cando rouba un balón ao Foz e bateu ao porteiro visitante a media altura.

O terceiro do Mugardos marcouno Grueiro tras a incorporación do xogador pola banda esquerda e despois de lograr bater ao porteiro Bruzas dun tiro cruzado.

Ao final tres puntos de ouro para un Galicia de Mugardos que volveu a reencontrarse coas vítorias.


Galicia de Mugardos.-Agustín, Rouco, Jorge, Rubén, Adrián Martínez, Maikel, Diego Seco, Rebolo, Juan Jesús e Vituco. Nos cambios sairón Canosa por Diego Seco no descanso. Min 85 Grueiro por Vituco. Min 90 Oscar Pérez por Rebolo.


Foz.- Bruzas, Rubén, Javi Chinchón, Dani Chinchón, Diego Hermida, David, Iago, Dumi, Nacho, Cristián Iglesias, Celeiro. Nos cambios entrou José no minuto 68 por Cristián Iglesias e Adrián Rivas por Dani Chinchón no minuto 81.


Arbitrou o partido o colexiado coruñés Marco Antonio Andrade Seoane auxiliado por Patricia Rodríguez e Adrián García.


Sem comentários: