3/20/2011

O Galicia de Mugardos asina un xusto empate co Betanzos


Betanzos 2-2 Galicia de Mugardos

O Galicia de Mugardos logrou un xusto empate ante o Betanzos na García Hermanos. O partido estivo aberto ao longo de todo o tempo regulamentario e o Mugardos xogou con 10 dende o minuto 76 pola expulsión do fenés Rubén Seco tras ver o segundo cartón amarelo. O xogador Suso Peña fixo un gran partido ante o líder e amosou a súa calidade e o seu excelente nível de xogo. O primeiro gol chegou no minuto 33 de partido e foi obra de Iván para o Betanzos tras un saque de esquina que remata dentro da porta de Agustín. Con esta vitoria pola mínima chegouse ao descanso. Na segunda metade o xogador mugardés Maikel logrou empatar o partido grazas a un balón que o porteiro visitante logrou desviar con man pero que se cola na porta do Betanzos. O Mugardos adiantouse no marcador no minuto 68 de partido cunha xogada persoal entre Maikel e Rebolo que o xogador logra marcar, en tiro cruzado. O empate do Betanzos chegou no minuto 75 e foi obra de Poncela tras un saque de esquina. Ao final reparto dun punto para cada equipo no García Hermanos de Betanzos.

Polo Betanzos xogou; Guillermo, Muñiz, Corredoira, Justo, Poncela, Muiña, Diego, Bouza, Iván, Xoel e Marcos. Para cambios no min 59 Colón por Xoel, no min 77 Andrés por Diego e no min 87 Chiqui por Muiña.

Polo Galicia de Mugardos xogaron; Agustín, Rubén, Jorge, Adrián Martínez, Diego Seco, Manel, Rubén Seco, Juan Jesús, Maikel, Suso Peña e Vituco. Para cambios Juan Jesús e Vituco por Rebolo e Rouco no descanso e no min 83 Oscar Pérez por Manel e no min 90 Grueiro por Maikel.

Arbitro; Fernández Loureiro do colexio de Santiago de Compostela auxiliado por Castro Castro e por Tireux Eleste. Virón cartón amarelo Muñiz e Xoel polo Betanzos e Diego Seco e Rubén Seco polo Mugardos. Rubén Seco veu 2 cartóns amarelos e foi expulsado.

voltaaria.com

Sem comentários: