Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol Onte 28 de marzo, fixo a súa entrada na Ría, de xeito ilegal, o
“Catalunya Spirit”, cargado de GNL, a través dunha canle de 4,5 Km. e 150 m. de ancho navegable, con 6 cambios de rumo.
Ilegal, xa que os gaseiros cargados non poden cumplir a normativa de navegabilidade, no caso dunha emerxencia, dadas as condicións da Ría de Ferrol.
O tráfico dos gaseiros e a ubicación da
Planta de Reganosa – ilegal e innecesaria – supón un risco permanente para a vida dos milleiros de persoas que habitan a súa contorna.
Unha planta que alberga 150.000 Tons. de GNL e está situada ao carón do
Complexo “Forestal del Atlántico” con máis de 280.000 Tons. de combustibles e produtos químicos, ubicado todo elo a poucos metros das vivendas da veciñanza.
Un accidente fortuito nesas instalacións, unha catástrofe natural ou
un acto terrorista (as Plantas de Gas son obxetivo prioritario de Al Qaeda), causarían unha traxedia irreparable nesta comarca.
Lembremos que no
accidente dos Alfaques (1978), un camión-cisterna con 25 Tons. de gas líquido (propileno) matou a 243 persoas. Reganosa equivale a 6.000 camións ou 12.000.000 de bombonas.
Agora mesmo en Xapón, logo do terremoto e o tsunami, están a sofrir o
desastre nuclear, con efectos impredecibles que afectarán non só os xaponeses. E esto ocurre despois de moitos anos desprezando ou silenciando as opinións de persoas sensatas que advertían dos peligros, pero o beneficio económico das empresas enerxéticas – igual que acontece con Reganosa – foron considerados máis importantes que a seguridade das persoas.
Aquí, a Dirección Xeral de Emerxencia da Xunta de Galicia, segundo un medio de comunicación,
vai a completar o Plan de Emerxencia de Reganosa, catro anos despois da entrada en funcionamento da Planta.
Esto da a medida da insensatez de quen, desde a administración pública, debería velar pola seguridade da cidadanía e non supeditala aos intereses dos promotores.
Nos vindeiros días o CCE vaise dirixir ao Valedor do Pobo para que lle sexa entregada a documentación requerida á Xunta – e todavía non recibida – logo do
incendio ocorrido no mes de abril do 2010. Exiximos, unha vez máis, anticipándonos a un accidente irreparable, o desmantelamento da Planta e a reapertura do gasoducto de Tui, bloqueado para beneficio dos promotores de Reganosa.
Ferrol, 29 de marzo 2011
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ÁLBUM FOTOGRÁFICO DA PROTESTA DE ONTE
Sem comentários:
Enviar um comentário