Agárdase para o lúns día 28 de marzo a entrada na ría de Ferrol do gaseiro cargado con GNL, nº 87 , "Catalunya Spirit", un gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL para a ilegal e perigosa Reganosa.
É por isto polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha CONCENTRACIÓN de protesta este lúns 28 de marzo, ás 7 da tarde, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, en Ferrol.
O Comité demanda unha vez mais a paralización e desmantelamento da Planta de Reganosa e hoxe en día, a realidade, vai colmando de lexitimidade esta exixencia:
Nunha coxuntura económica como a actual é un tremendo despropósito manter, a costa dos impostos de toda a cidadanía, unha Planta antieconómica e innecesaria só para lucro dos seus promotores.
Ante a triste situación que contemplamos estes días no Xapón, faise imprescindible valorar a extrema perigosidade desta Planta dentro da nosa Ría. De suceder calquera tipo de catástrofe natural, accidente no seu funcionamento ou agresión terrorista, pola súa improcedente e interesada ubicación, sería a ruina da comarca e das vidas dos seus habitantes.
Antes de que suceda unha catástrofre
Comité Cidadán de Emerxencia
Sem comentários:
Enviar um comentário