6/23/2009

A asociación Amigos do Baa inaugura a súa sede


A asociación etnográfica e de defensa do medio ambiente Amigos do Baa (de Maniños, en Fene) organiza unhas xornadas culturais que comezan mañá e que serven ademais para inaugurar as súas instalacións. Están ubicadas no lugar no que se celebra a romaría do Pote e inclúen un espazo no que se celebrarán as conferencias e, enfronte, os muíños.
As actividades comezan mañá ás oito coa apertura dunha exposición sobre as embarcacións tradicionais do arco Ártabro. Ademais, Francisco Bañobre, biólogo e técnico de Adega para o proxecto Ríos, pronunciará unha conferencia.
O historiador Francisco Correa tomará o relevo o xoves 25 para falar do patrimonio arqueolóxico do arciprestazgo de Bezoucos.
Bernardo Máiz intervirá o venres 26 cunha charla sobre as embarcacións tradicionais da Ría de Ferrol.
Xa o sábado, desde as 19.30 horas, abrirase o Muíño de Pombal, onde funcionarán varios obradoiros artesáns. Ademais, explicaranse as funcións da entidade ós que se acheguen, así como a importancia da protección dos ríos. Como remate, cociñarase unha churrascada.

Sem comentários: