Os dous traballadores de Montaxes Cabral que desde o pasado luns están pechados no Concello de Fene en demanda da solución da súa situación laboral -non se lles permite acceder ao seu posto de traballo no estaleiro fenés e levan tres meses sen cobrar- recibiron onte o calor e respaldo dunhas 300 personas na concentración convocada polo grupo do PSOE mugardés.
Juan Fernández e José Becerra, que desde hai tres meses se encontran nunha situación de “limbo” laboral, atopáronse onte co apoio das persoas que decidiron participar na convocatoria do PSOE mugardés, formación da que un dos afectados, Juan Fernández, é portavoz municipal.
O seu compañeiro de filas, o concelleiro Ignacio Fernández, foi o encargado de ler un manifesto no que se esixiu unha solución inmediata á flagrante e inxusta situación que están a vivir estes dous operarios, que levan tres meses sen percibir ningún salario. Ademais de facer un pequeno repaso dos feitos que levaron ata esta situación, Ignacio Fernández afirmou que “parece que a los sindicatos y al comité de Navantia no les importe que estos trabajadores llevan tres meses en la calle sin ningún tipo de ingreso” e amosou o desexo do grupo municipal socialista de Mugardos de que “este sea el último fin de semana de Juan y José Antonio pasen fuera de su casa y separados de sus familias”. No seu discurso, asegurou que o goberno de Zapatero ten en Ferrolterra, concretamente en Fene, “una deuda pendiente, y a mi partido quiero decirle que mire, que medie, que empuje y que se ponga las pilas” para atopar unha solución.
Entre os asistentes á concentración encontrábanse os alcaldes de Fene (Iván Puentes), Julio Iglesias (Ares) e José Barcia (Mugardos), así como a parlamentaria e concelleira en Ferrol Beatriz Sestayo, e numerosos concelleiros da comarca, sobre todo do PSOE pero tamén doutros partidos que quixeron amosar a súa solidariedade cos dous operarios.
Entre outros, estes contaron durante estes días co apoio de membros da asociación cultural Fuco Buxán, que días pasados presentou en Fene o libro sobre Peninsular Maderera e Pysbe. Enlazando co conflito que no seu día viviu a fábrica de portas e taboleiros e a solidariedade posta de manifesto naquela época, Rafael Pillado, en nome da entidade cultural, expresou o “noso apoio e solidariedade a unha solución que signifique atopar traballo para Juan e José, porque eles non están a pedir ser prexubilados”.
Como se lembrará, os dous operarios de Montaxes Cabral foron os únicos traballadores que quedaron excluídos, por non ter cumpridos os 52 anos de idade, das prexubilacións levadas a cabo hai tres meses. Ao día seguinte de facerse efectivas as mesmas, o estaleiro fenés, onde a empresa permanecía como a única auxiliar interna da compañía pola súa antigüidade, impediu o acceso destes dous operarios ao seu posto de traballo. Navantia racha a súa relación con Montajes Cabral e estes dous traballadores quedan desde entón na rúa, sen seren despedidos, e sen cobrar. Os afectados confían en que entre mañá luns e o martes poidan recibir unha solución á súa situación laboral.
Diario de Ferrol
A.C. Fuco Buxán
16/06/2009
"Agardo e confío en que mañá haxa algunha novedade, que foi o que se acordou no encontro do venres no Concello". O que así se expresou onte foi Juan Antonio Fernández, un dos dous traballadores da firma de andamiajes Montaxes Cabral encerrados no Concello fenés en demanda dunha solución á súa situación laboral. Os operarios non puideron acollerse ao expediente de prexubilación da última reconversión naval pero debido a que a súa empresa estaba considerada como unha auxiliar interna da antiga Astano, tiñan dereitos adquiridos similares aos do persoal directo da factoría, que agora piden que se cumpran. A integración noutra compañía auxiliar, respectando as súas condicións laborais e económicas, podería ser unha solución ás súas demandas.
Os dous traballadores cumpren unha semana de peche sen que se atopou un arranxo para a ruela sen saída no que se atopan.
O pasado venres reuníronse no Concello con responsables de CC.OO. e dirixentes autonómicos do PSOE, que se comprometeron a realizar xestións ante Navantia e a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) para buscar unha solución.
Sem comentários:
Enviar um comentário