6/13/2009

Lapis Verde denuncia o mal funcionamento da recollida de aceite usado

Colector nas inmediacións do forno do Seixo


O colectivo Lapis Verde denuncia a situación de abandono na que se atopan os colectores da recollida de aceites usados en Mugardos, máis concretamente os que se localizan na parroquia do Seixo.
Os denunciantes advirten da presenza de bolsas e garrafas con aceite usados fóra dos colectores, a saturación dos mesmos e un aspecto, polo xeral, bastante descoidado de todo a contorna.
Desde o colectivo saliéntase na obrigación que teñen os concellos de dar bo exemplo "para que os veciños podan seguir as súas directrices" e apúntase que de non ser así “a veciñanza acabará por tirar os aceites polo vertedeiro”.
Chegados a este punto, Lapis Verde recorda que cada persoa xera unha media de seis litros de aceite usado ao ano e que cada un deles pode chegar a contaminar uns 1000 litros de auga. Por conseguinte, o colectivo reclama do consistorio que poña fin a unha situación que, canto menos, xera unha mala imaxe e pon o perigo o medio ambiente.

Sem comentários: