6/28/2009

Gas Natural revisa os seus investimentos nas plantas de Reganosa e Sogama


A xunta xeral de accionistas de Gas Natural celebrada onte, na que se aprobou a absorción de Fenosa, tamén serviu aos directivos da gasista catalá para anunciar a revisión e estudo dos investimentos que ata agora mantiña a eléctrica en Galicia. Unha por unha, o conselleiro delegado de Gas Natural, Rafael Villaseca, avanzou os pasos a seguir no capital das principais compañías participadas e proxectos de Unión Fenosa na comunidade galega, entre os que se atopan os paquetes accionariais de Reganosa (21%) e Sogama (49%), así como a central térmica e de ciclo combinado de Sabón, para a que busca comprador.
Sen dar demasiados detalles pero marcando unha estratexia previamente definida, Villaseca avanzou que, ao contrario que as instalacións de Sabón, para as que se intentará buscar un comprador "con solvencia", o grupo non está estudando nestes momentos o alleamento da participación en Reganosa. "Analizarémolo en profundidade, pero a decisión non está tomada", limitouse a agregar o primeiro executivo de Gas Natural...
...O futuro de Reganosa é outra cousa. Todo parece indicar que, tras a absorción de Fenosa por Gas Natural, o capital da planta de gas de Mugardos converterase nun puzzle con pezas a encaixar de novo. Así, Caixa Galicia, que está presente en Reganosa cunha participación directa do 10% e mantén pignorado outro 15,9% en poder do Grupo Tojeiro, considera que se trata dun "investimento maduro".
Fontes de Corporación Caixa Galicia, o brazo industrial da entidade de aforro, explican que o do gas é sector crave para a comunidade galega, por iso é polo que tamén participen en Gas Galicia, pero matizan que a xestión da compañía de Mugardos é "moi autónoma" e o proxecto está "moi consolidado". "Somos socios financeiros, e por iso a nosa posición está aberta", engaden.

Sem comentários: