1/18/2010

O CD As Pontes empata no desconto de penalti inxusto

As Pontes 2-2 Galicia de Mugardos


As Pontes e Galicia de Mugardos repartíronse os puntos no derbi comarcal que se disputou na tarde de onte no terreo de xogo pontés. Con todo, estas táboas non satisfixeron a ningunha das dúas escuadras logo do visto no Poboado. E é que a formación local, que a priori partía como favorita para facerse cos puntos, expuxo un mal partido no que as diferenzas na clasificación practicamente non se notaron, mentres que o equipo de Cata deu mostras desde os compases iniciais de terlle collida moi ben a medida á escuadra pontesa. Esta circunstancia provocou que os ponteses ofrecesen un xogo máis ben mediocre, sen moitas ocasións, algo que tamén compartiu o Mugardos, que ao longo da primeira parte da contenda non chegou a inquietar a Marcos.

A excepción chegou a falta de cinco minutos para o descanso cando Óscar colocou por diante ao equipo visitante, grazas á súa mellor formulación sobre o campo. Pero a vantaxe dos de Cata viuse neutralizada nos compases iniciais da segunda metade por Jorge Parada, que acababa de entrar no terreo de xogo, batendo a Javi e colocando a igualada no marcador. Tampouco puideron gozar moito os ponteses deste empate xa que Lorenzo encargouse de volver situar ao Mugardos por diante, pechando así os quince minutos máis intensos do encontro.

Igualada


Co 1-2 no marcador e os minutos correndo, tanto locais como visitantes crían que este resultado sería o definitivo pero a materialización dun penalti por parte de Bossa no último minuto do partido deu un xiro a un choque no que os mugardeses xa se vían como gañadores e os ponteses mostráronse moi críticos co seu xogo.



Diario de Ferrol

Sem comentários: