3/31/2010

Convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia

Manifestación na Praza de Armas

Urxente: hoxe Mércores, 31 Marzo de 2010, ás 10,15 h. na Praza Armas de Ferrol

Hoxe Mércores, 31 de Marzo de 2010, o Ministro de Fomento visita o Concello de Ferrol.

O Comité Cidadán de Emerxencia convida a cantas persoas queiran sumarse a acompañar – na Praza de Armas, ás 10,15 horas- á representación do Comité que fará presente ao Ministro a necesidade de paralizar a actividade de Reganosa, pola súa peligrosidade e por tratarse dunha Planta innecesaria, ao 30 % da súa capacidade, sen demanda e deficitaria, que pervive a costa dos fondos públicos, en beneficio exclusivo dos seus promotores.

POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

Sem comentários: