Esta plataforma tamén pide que se exclúa á terminal galega do plan enerxético nacional nunha carta remitida ao presidente José Luís Rodríguez Zapatero, ao Ministro de Industria, Miguel Sebastián, ao director xeral de Política Enerxética e Minas e á presidenta do Consello de Administración da Comisión Nacional da Enerxía.
O comité cidadán argumenta que Reganosa recibirá este ano 60 millóns de euros do fondo de retribución do sistema gasístico estatal "a pesar da súa baixa eficiencia", o que "equivale ao déficit do sistema gasista español para este ano".
O escrito, que asinan a presidenta da asociación veciñal de Meá, Luz Torrente, Jesús Caselas, da federación veciñal "Roi Xordo" de Ferrol e a entidade cultural Fuco Buxán, representada por Manuel Carballeira, sinala que a situación actual de crise xustifica "unha nova planificación enerxética".
Por iso, opinan que "é o momento oportuno para revogar a autorización" outorgada a Reganosa e esgrimen oito "razóns" para o que o Goberno central atenda a súa esixencia.
Sinalan que a localización de Reganosa é "innecesaria, ilegal e perigosa" pola súa proximidade ás vivendas da parroquia de Meá, que a empresa "incumpre" o Plan Xeral de Ordenación Urbana de Mugardos e que a compañía incorreu presuntamente en falsidade documental para conseguir a licenza.
Ademais, apuntan que a presenza da terminal de gas na ría carrexa "danos ambientais", que se recalificaron terreos na súa construción e que a empresa busca percibir os beneficios do sistema gasístico, que cifran en 120 millóns en dous anos, fronte a unha achega de gas ao sistema enerxético nacional "do 2,5%", funcionando ao "30% da súa capacidade".
A planta de gas de Reganosa en Mugardos comezou a operar en probas en maio de 2007 e funciona de forma definitiva desde outubro do mesmo ano.
No accionariado participan Endesa, Unión Fenosa, a Xunta de Galicia, Caixa Galicia, Caixanova, o grupo Tojeiro, Sonatrach e o Banco Pastor.
finanzas.com
Sem comentários:
Enviar um comentário