REGANOSA continuará patrocinando ao Racing de Ferrol na tempada 2010-2011, co que a compañía cumprirá a súa sétima tempada de apoio ao club racinguista. O presidente do Racing, Isidro Silveira, deu a coñecer a noticia ante os medios de comunicación, e cualificouna como "a única boa noticia deste ano. Agora que a afección e o club estamos afligidos polo descenso, REGANOSA está connosco e por iso estamos moi agradecidos". REGANOSA seguirá achegando a mesma cantidade económica o que significa o 15% do orzamento da próxima campaña. Segundo o Presidente, o apoio de REGANOSA chegou nun gran momento "estabamos nunha situación delicada, pensando como iamos facer para poder cubrir o orzamento. A verdade que me sorprendeu moitísimo, non mo esperaba". Con este novo compromiso, REGANOSA comparte e recoñece o labor que desenvolve o Racing, non só co primeiro equipo senón cos equipos de base da Fundación e a Escola de Fútbol, nos que o fomento da práctica deportiva e a promoción de novos valores, é o principal obxectivo.
O poder da risa
Há 1 semana
Sem comentários:
Enviar um comentário