5/11/2010

Perigo!! gaseiro 65 cargado con GNL para Reganosa

LNG "Catalunya Spirit" achegándose a Reganosa

O mércores 12 de Maio está prevista a entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol, trátase do LNG "Catalunya Spirit" que coa súa perigosa carga de Gas Natural Licuado (LNG), para a ilegal Reganosa, faría o nº 65 que entra na Ría desde Maio de 2007, poñendo en alto risco de inseguridade a miles de persoas.

Unha vez máis esta irresponsabilidade non pode quedar sen resposta, é por iso, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia decide convocar a CONCENTRACIÓN de protesta, este mércores 12 de Maio de 2010, ás 8 da tarde*, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol, para amosar a súa desconformidade coa entrada, na Ría, de buques cun cargamento tan perigoso como é o GNL, e para denunciar a corrupción e o despropósito gasístico que representa Reganosa, esixindo o seu desmantelamento xa!

O “Catalunya Spirit”, en febreiro do 2008, levando 93.000 toneladas de gas desde Trinidad Tobago a Bostón quedou á deriva por problemas na computadora que xestiona os séus motores, nas costas de Massachussets, frente ao Cabo Cod.

Antes de que suceda unha catástrofre


* Aplícase desde esta convocatoria horario de verán

Comité Cidadán de Emerxencia

Situación do LNG "Catalunya Spirit"

Sem comentários: