Organizado polo Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, presentación do libro homenaxe a José Manuel Iglesias
Mañá, 27 de maio, ás 19:30 horas, preséntase na Fundación Caixa Galicia de Ferrol (Praza da Constitución, s/n) o libro homenaxe a Xosé Manuel Iglesias, editado pola Fundación 10 de Marzo de Comisións Obreiras.
Perfil biográfico
Xosé Manuel Iglesias (1944-2008) naceu en Mugardos, no Penedo, no seo dunha familia pronto marcada pola represión. Cando tiña cinco anos, o seu pai, militante comunista, foi asasinado polas forzas da orde franquista, en represalia por un feito no que non participara. O famoso guerrilleiro Pancho era tío materno de Iglesias e estivo, en non poucas ocasións, agachado na súa casa polo que a ditadura someteu a familia a un acoso permanente. Con poucos anos, viu como a súa nai e os seus irmáns maiores, Arturo e Pilar, eran encarcerados.
En 1959 ingresou como aprendiz en Bazán. Na escola obreira aprendeu ensinanzas profesionais; tivo tamén mestres na loita antifranquista, como o seu paisano Paco Filgueiras —sobre o que moitos anos despois escribiu o libro A autoridade na palabra. Biografía do comunista Paco Filgueiras, 1920-1976—, e outros moitos.
Prestou servizo militar na Armada entre marzo de 1964 e marzo de 1966. Ao regresar ao seu posto de traballo, comezou a militar nas ringleiras do Partido Comunista e das clandestinas Comisións Obreiras, ao lado doutras moitas persoas que configuraron unha nova militancia obreira antifranquista.
En 1968 sufriu a primeira detención —non sería a única— e un proceso no Tribunal de Orde Pública. Viviu en primeira persoa os acontecementos do 10 de Marzo de 1972, o que o levou á prisión da Coruña. Pagou cara a militancia, con represión laboral, detencións, multas gobernativas, procesos, cárcere…
Iglesias Martínez cumpriu a condena do TOP en varias cadeas: na da Coruña, na de Xaén e na de Palencia. Nesta última cidade ingresou xa en terceiro grao, o que lle permitía saír traballar durante a semana. Coa liberación definitiva, regresou a Mugardos. Non foi readmitido en Bazán, polo que tivo que procurar traballo noutras empresas. Ao tempo, dentro da estratexia das clandestinas Comisións Obreiras e do Partido Comunista, participou nas estruturas do Sindicato Vertical para, desde dentro, subverter o sistema. Como explicaba graficamente o líder obreiro de Bazán Francisco Fernández Filgueiras, había que entrar no Sindicato Vertical e darlle a volta coma a un calcetín para zurcilo.
Xa morto Franco, reingresou en Bazán. Dedicou a súa actividade como liberado á construción do sindicato Comisións Obreiras en Ferrol, en toda Galicia e en España, o que alternaba coa militancia no Partido Comunista de Galicia. Membro da primeira Comisión Executiva do Sindicato Nacional, foi tamén o primeiro secretario xeral da Federación do Metal, responsabilidade que ocupou ata 1991. Xubilado dous anos máis tarde, desde entón alternou o tempo entre a colaboración co seu sindicato, a actividade municipal en Esquerda Unida de Mugardos e a familia. Morreu o 1 de outubro de 2008.
O libro
O libro non é un ensaio biográfico, porque non é o estudo histórico dun personaxe. Trátase de facer pública a memoria de Xosé Manuel Iglesias. O relato do pasado modifícase co tempo grazas ás novas experiencias ou a informacións recibidas.
Este traballo recolle a palabra de Xosé Manuel Iglesias a partir de varias entrevistas realizadas dentro do programa de recollida de testemuños orais de xentes relacionadas con mundo obreiro de Ferrol, programa da Unión Comarcal de CCOO e da Fundación 10 de Marzo.
Nestas páxinas, a palabra de Iglesias foi minimamente tratada para axilizar a lectura do texto. Engadíronse, porén, algunhas notas para lle facilitar ao lector de hoxe unhas coordenadas históricas, necesarias para entender o discurso do protagonista.
O volume recolle ademais unha ampla documentación textual e gráfica. Parte do material reproducido procede do Arquivo Militar de Ferrol, outra parte dos materiais procede do arquivo de Xosé Manuel Iglesias —depositado na Fundación 10 de Marzo, cedido pola familia—, especialmente as fotografías.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2010

Sem comentários:
Enviar um comentário