5/23/2010

O Galicia de Mugardos perdeu na súa contenda ante o Santiago

"Gracias Afición" "Grazas Equipo"

O Galicia de Mugardos despediuse da tempada cunha derrota no seu terreo de xogo no enfrontamento ante o Santiago.

O encontro foi bastante nivelado e só se decidiu con dúas accións nos últimos minutos tras dous erros defensivos da formación mugardesa.

Na primeira metade os pupilos de Cata -que nos próximos días anunciará a súa marcha do club- mostráronse superiores aos seus adversarios e lograron adiantarse no marcador nunha xogada de Tenreiro que rematou ao fondo da rede Juan Jesús. A partir dese momento, o conxunto local puido case sentenciar o choque, pero fallou varias ocasións.

Por contra, cando parecía que se ía a chegar ao descanso coa vantaxe de 1-0, o Santiago igualou a contenda nun saque de esquina que cabeceou Cierto lonxe do alcance de Sanjuán.

Na continuación, o encontro nivelouse un pouco máis e a escuadra compostelá controlou mellor os ataques do seu adversario. As ocasións foron máis escasas e houbo que esperar ata o minuto 80 para que o oportunismo de Changui subise o segundo tanto visitante ao marcador. O Galicia de Mugardos buscou o empate, pero un erro na súa zaga propiciou que Franqueiro sentenciase a contenda cun remate á rede. Case non quedaba tempo para o final e o choque acabou co resultado de 1-3.

Cabe destacar a ovación que os afeccionados lle triubutaron a Miki, xa que o futbolista disputou o seu último encontro, porque decidiu retirarse.

Diario de Ferrol

elcorreogallego.es

Sem comentários: