As obras na instalación deportiva, que se atopa na localidade mugardesa de Franza, estarán concluídas o próximo mes de xullo, segundo as estimacións que barallan os técnicos da empresa que executa os traballos que así llo confirmaron onte a Fernández Moreda e aos rexedores dos concellos de Ares e Mugardos, Julio Iglesias e Xosé Fernández Barcia.
O proxecto da piscina cuberta climatizada para uso dos veciños de ambos municipios articúlase a través dun convenio de colaboración subscrito pola Deputación da Coruña, que, a tenor do reflectido no mesmo, financia case o 91% do orzamento da instalación deportiva cunha achega global de 1,5 millóns de euros, tal e como se pon de manifesto desde a administración provincial.
O proxecto da piscina foi redactado pola arquitecto Mercedes Hermida e responde a un deseño funcional que combina o formigón coa madeira e o vidro, con amplas zona acristaladas. O vaso da piscina (falábase de dous) ten unhas dimensións de 25 x 12,5 metros, e o edificio contará nas súas instalacións con placas solares para o aproveitamento desta enerxía para a auga sanitaria das duchas e servizos. O inmoble contará tamén con salas de fisioterapia, ximnasio, sauna, vestiarios e outros servizos anexos.
Sem comentários:
Enviar um comentário