Un dos capítulos máis descoñecidos da Guerra Civil é o protagonizado pola Marina de Guerra Auxiliar de Euskadi. Unha unidade formada por persoal civil que foi creada en outubro de 1936 polo Goberno vasco para axudar á Marina Republicana na protección do tráfico costeiro e a limpeza de minas nos accesos aos portos. Dos máis de 900 pescadores que se alistaron voluntariamente nesta forza naval, preto dun centenar eran galegos. Na súa maioría, fincados na vila de Pasaxes (Vizkaya). Durante o ano de operacións da unidade, 62 pescadores convertidos a soldados de mar faleceron, cinco deles galegos.
Esta é a súa historia 70 anos despois do final da Guerra Civil.
"O meu pai era un home robusto. Pola súa altura, puxérono no canón de popa. Nada máis botar o primeiro refacho o [cruceiro franquista] Canarias, pillouno en todo o ventre". Francisco Fernández García, de Mugardos, tripulante do bou armado Nabarra afundido o 5 de marzo de 1937, foi o primeiro pescador convertido en soldado que caeu na batalla de Matxitxako.
A filla do mugardés Francisco Fernández, Paqui, naceu un mes e medio despois de que el falecese no combate entre o Canarias e un grupo de pesqueiros vascos nas costas de Biscaia. Na súa casa, apenas se falaba do ocorrido. "Non foi ata fai corenta anos cando me decatei como falecera. Ata entón só sabía que morrera na batalla de Matxitxako, pero descoñecía as circunstancias nas que se produciu a batalla", relata Francisca desde a localidade guipuscoana de Pasaxes.
Francisco Fernández era un de 83 galegos que se alistaron voluntariamente na Marina Auxiliar vasca, creada en outubro de 1936 polo Goberno de Euskadi para axudar ás forzas navais republicanas a protexer o tráfico marítimo e a actividade pesqueira e manter libres de minas submarinas os accesos aos portos vascos. Logo dos biscaíños e os guipuscoanos, os galegos formaban o grupo máis numeroso dos 900 voluntarios da Mariña vasca, en torno ao 10%. [Ler máis +]
A nena que non coñeceu ao seu pai
1 comentário:
moi bo traballo,deixasme con ganas de leer mais.....xa estou a buscar ...
apertas "gorrión"
Enviar um comentário